Josep Maria Subirachs i Sitjar, nado en Barcelona o 11 de marzo de 1927, e finado ibídem o 7 de abril de 2014, foi un escultor, pintor, gravador, escenógrafo e crítico de arte catalán. Foi un dos escultores contemporáneos con máis prestixio internacional, como se pode ver nos seus múltiples galardóns e recoñecementos, así como da presenza da súa obra en museos e lugares públicos de cidades de todo o mundo, mais principalmente Barcelona. Tamén participou nunha gran cantidade de exposicións tanto colectivas como individuais, en museos e galerías públicas e privadas.[1]
Artista polifacético, Subirachs destacou especialmente na escultura, pero tamén noutras técnicas como a pintura, o debuxo, o gravado, o cartel, o tapiz, a ilustración de libros, o deseño de xoias e o acuñamento de medallas. Tamén realizou escenografías para prestixiosas montaxes de obres de teatro e ballet. Exerceu de mestre de arte e, no eido teórico, como escritor e colaborador en revistas e xornais, crítico de arte e conferenciante en universidades e academias arredor do mundo. Na súa longa traxectoria pasou por varias fases —mediterránea, expresionista, abstracta, neofigurativa—, períodos sempre caracterizados polas formas xeométricas, as liñas rectas e angulosas e as texturas rugosas.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas