Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

José María Sánchez Lage

Modelo:BiografíaJosé María Sánchez Lage
Biografía
Nacemento11 de maio de 1931
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2004 (73 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeArxentina
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1950–1951 CA River Plate
1951–1953 cesión Club Atlético Banfield (24)
1954–1955 CA Huracán (4)
1955–1957 CA River Plate
1958–1958   CA Atlanta
1958–1963   Real Oviedo (37)
1963–1966   Valencia CF (17)
1966–1967   Deportivo da Coruña (4)
1967–1968   Levante UD
1968–1970 CA River Plate

José María Sánchez Lage, nado en Buenos Aires o 11 de maio de 1931 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 2004, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino, de orixe galega. Xogaba de dianteiro e destacou principalmente no Oviedo e no Valencia.

Traxectoria

Comezos na Arxentina

Naceu en Buenos Aires, sendo fillo de dous inmigrantes galegos, naturais de Vigo.[1][2] Comezou a súa carreira profesional en 1950 en River Plate, saíndo cedido ao ano seguinte a Banfield, onde xogou ata 1953. Alí compartiu equipo entre outros con Eliseo Mouriño e Gustavo Albella, contribuíndo a que o equipo lograse en 1951 un histórico primeiro posto na Primeira División, empatado a puntos co Racing Club. Xogáronse entón no Gasómetro dous partidos de desempate que acabaron 0-0 o primeiro e 1-0 o segundo, con vitoria para Racing cun gol de Mario Boyé. Este equipo de Banfield foi o primeiro dos non chamados grandes en rematar primeiro no fútbol arxentino.[3][4]

En 1954 asinou con Huracán, regresando ao ano seguinte a River Plate. Con este equipo gañou tres campionatos arxentinos consecutivos, aínda que non conseguiu a titularidade nun equipo no que xogaban destacados dianteiros como Omar Sívori, Santiago Vernazza, Walter Gómez e Ángel Labruna.[5] En 1958 pasou ao Atlanta, co que gañou a Copa Suecia, e a continuación fichouno o Real Oviedo por medio do directivo Félix Serrano, que o vira xogar en River.[1]

Etapa no Oviedo

O Oviedo pagou por el 400.000 pesetas, e debutou na Primeira División o 4 de xaneiro de 1959, nunha vitoria sobre o Atlético de Madrid no Carlos Tartiere.[6] Fíxose inmediatamente coa titularidade nun equipo no que xogaban os tamén arxentinos Álvarez, Manuel Sánchez, Massey e Evaristo Sande, ademais do propio adestrador, o bonaerense Abel Picabea. Disputou todos os restantes partidos da tempada, anotando seis goles, o primeiro deles contra o Valencia en Mestalla.

Foi unha das principais figuras do Oviedo naqueles anos, nos que o club viviu unha das súas épocas máis gloriosas, culminando co terceiro posto en liga na tempada 1962/63, só por detrás do Real Madrid e o Atlético de Madrid. Xogou 134 partidos nas nas súas cinco tempadas en Asturias, marcando 45 goles.

Chegada ao Valencia

Acabada a liga 1962/63 foi inmediatamente traspasado ao Valencia, xunto ao seu compañeiro de equipo Paquito, por un importe total de 4 millóns de pesetas.[7] Debutou co equipo de Scopelli o 12 de xuño no primeiro partido da final da Copa de Feiras contra o Dinamo de Zagreb no Stadion Maksimir iugoslavo, que rematou con vitoria por 1-2. Disputou tamén o partido de volta en Mestalla, onde o Valencia se proclamou campión ao vencer por 2-0. Xogou tres anos máis no club valenciano, disputando outras tres edicións da Copa de Feiras, e formou dianteira entre outros con Héctor Núñez, Poli, Waldo e Guillot. Disputou 106 partidos, marcando 21 goles.

Deportivo da Coruña e Levante

Na tempada 1966–67 fichou polo Deportivo da Coruña, ao que chegou xunto aos tamén exvalencianistas García-Verdugo e Suco.[8] Xogou 24 partidos e marcou 4 goles, nunha tempada na que o equipo galego descendeu a Segunda División. Ao ano seguinte pasou ao Levante, na categoría de prata, co que acabou descendendo a Terceira.

Axudante de Alfredo di Stéfano

Trala súa retirada foi director técnico do Valencia e xestionou a fichaxe do adestrador Alfredo Di Stéfano, do que tamén foi axudante. Xuntos gañaron a liga na tempada 1970/71.[9][10] Uns anos despois instalouse definitivamente en Buenos Aires, e alí volveu ser asistente de Di Stéfano no River Plate, gañando o campionato arxentino de 1981.

Palmarés

River Plate

Atlanta

Valencia

Notas

  1. 1,0 1,1 "Sánchez Lage, un fichaje sensacional del Oviedo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 1959. p. 5. 
  2. "Nosotros consiguiendo dos puntos no correremos peligro alguno". El Pueblo Gallego (en castelán) (11632). 22 de marzo de 1959. p. 9. Consultado o 20 de novembro de 2021. 
  3. "Eliseo Mouriño, un héroe trágico" (en castelán). 8 de xullo de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  4. Raffo, Víctor (1996). Banfield. Campeón Moral 1951. ISBN 950-43-6970-7. 
  5. "Argentina 1955". rsssf.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2021. 
  6. "Hace 15 años nos dejaba Sánchez Lage" (en castelán). 31 de decembro de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2021. 
  7. "Paquito y Sánchez Lage costaron al Valencia 4 millones de pesetas". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de abril de 1963. p. 4. 
  8. "Sánchez Lage y García-Verdugo, han fichado por el R.C. Deportivo". La Noche (en castelán) (13897). 25 de maio de 1966. p. 5. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  9. "Murió Sánchez Lage, que llevó a Di Stéfano al club Valencia". As (en castelán). 26 de xaneiro de 2005. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  10. Díaz, Mario (25 de xaneiro de 2005). "José María Sánchez Lage, futbolista". El País (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya