José María González-Llanos

Modelo:BiografíaJosé María González-Llanos
Biografía
Nacemento(es) José María González-Llanos Caruncho Editar o valor en Wikidata
27 de xuño de 1899 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1990 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Maniños, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
3 de febreiro de 1953 – 21 de decembro de 1953
← Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia (pt) TraducirTomás García-Diego de la Huerga →
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónMilitar, empresario e enxeñeiro
Membro de
Familia
FillosJoaquín González-Llanos Galvache Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1292818 BUSC: gonzalez-llanos-y-caruncho-jose-maria-1899

José María González-Llanos Caruncho, nado en Ferrol o 27 de xuño de 1899 e finado en Maniños (Fene) o 14 de outubro de 1990, foi un militar, empresario e enxeñeiro galego, director de Bazán, fundador de FENYA e Astano.

Traxectoria

Nado nunha familia de tradición mariñeira, fillo de Humbelina Caruncho e Carlos González-Llanos Alesson. Entrou na Armada con 14 anos. Estudou na Escola Naval sendo alférez de navío en 1919. Estivo embarcado nos buques Reina Regente, Alfonso XIII, España e Jaime, Carlos V e Cataluña, Proserpina, e Marqués de la Victoria. Foi capitán do torpedeiro número 2 da Flotilla de Submarinos e Torpedeiros con base en Ferrol.

Participou na guerra do Rif a bordo do acoirazado Alfonso XIII na campaña de toma de Melilla e en Tiguisas e Wed Targa, Tetuán. En 1924 e 1925 estudou para enxeñeiro eléctrico en Montefiori, Universidade de Liexa, sendo número un da promoción. Estudou na Academia de Enxeñeiros de Ferrol, titulándose en 1928.

En 1929 entrou a traballar para a Sociedad Española de Construcción Naval como xefe dos servizos eléctricos. En 1931 pasou a enxeñeiro xefe dos traballos do estaleiro. En 1933 era enxeñeiro xefe do estaleiro e en 1935 director en Ferrol.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 deixou o cargo, e embarcou no cruceiro Canarias para participar no bloqueo do estreito de Xibraltar. Antes do remate da guerra civil volveu ocupar o posto de Director de SECN. Traballou na súa modernización: creación da escola de aprendices, fábrica de turbinas e na fundación de FENYA e de ASTANO en 1941.[1] En 1949 deixou o seu cargo na Bazán.

Foi catedrático da Escola Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid, desde 1947 a 1961.

Vida persoal

Tivo 16 fillos, entre eles Joaquín González-Llanos Galvache, que foi alcalde de Ferrol e Ignacio González-Llanos Galvache, que xunto ao seu irmán Joaquín foi director de Astano durante os anos en que se realizaron as botaduras dos maiores barcos do mundo, todo un fito para o estaleiro e a comarca.

Publicacións

  • Curso de Máquinas Eléctricas (2007). A Coruña: Litografía e imprenta Roel. ISBN 978-92-0-282660-1 En tres tomos, foi texto oficial na escola de enxeñería de Madrid.
  • El decenio. Quirón ediciones. ISBN 978-84-96016-86-6

Recoñecementos

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña conceden os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal.

Fillo predilecto de Ferrol.

En 1999 colocouse unha estatua na súa memoria no barrio ferrolán de Esteiro, por iniciativa veciñal en agradecemento polo seu labor.

Notas

  1. Galicia Artaba Digital (ed.). "José María González Llanos y Caruncho. Fundador de Astano". Consultado o 3 de outubro de 2013. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!