Johnny Weissmüller |
|
Nacemento | (de) Peter Johann Weißmüller 2 de xuño de 1904 Timișoara (Reino de Hungría)
|
---|
Morte | 20 de xaneiro de 1984 (79 anos) Acapulco, México |
---|
Causa da morte | edema pulmonar |
---|
Educación | Lane Technical College Prep High School (en) |
---|
Altura | 191 cm |
---|
|
Ocupación | actor de cinema, xogador de wáter-polo, actor, nadador, actor de televisión |
---|
Período de actividade | 1931 - 1976 |
---|
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
---|
Deporte | natación wáter-polo |
---|
|
|
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 (medalla de ouro olímpica) |
1928 | swimming at the 1928 Summer Olympics – men's 100 metre freestyle (en) (medalla de ouro olímpica) |
1928 | swimming at the 1928 Summer Olympics – men's 4 × 200 metre freestyle relay (en) (medalla de ouro olímpica) |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 (medalla de ouro olímpica, Medalla de bronce olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – men's 400 metre freestyle (en) (medalla de ouro olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – men's 4 × 200 metre freestyle relay (en) (medalla de ouro olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – men's 100 metre freestyle (en) (medalla de ouro olímpica) |
|
|
Cónxuxe | valor descoñecido (1963–1984), morte da persoa valor descoñecido (1948–1962), divorcio valor descoñecido (1939–1948), divorcio Lupe Vélez (1933–1939), divorcio Bobbe Arnst (1931–1933), divorcio |
---|
Fillos | Johnny Weissmuller Jr. () |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | johnnyweissmuller.com |
---|
|
Peter Johann Weißmüller, coñecido como Johnny Weissmüller, nado en Freidorf (entón no Imperio Austro-Húngaro) o 2 de xuño de 1904 e finado en Acapulco (México) o 20 de xaneiro de 1984, foi un nadador e actor estadounidense.
Traxectoria
Nado na Romanía no seo dunha familia de orixe xudía-asquenací, moi axiña a súa familia emigraría a Windber, EEUU, onde máis adiante conseguiría a nacionalidade norteamericana.
Excelente nadador, comezou a súa práctica deportiva con 15 anos, sendo naquela época o seu adestrador Big Bill Bagrach. Axiña destacou como gran nadador, chegando o 9 de xullo de 1922 a bater a marca do mundo dos 100 m libres cun tempo de 58,6 segundos, baixando así por primeira vez do minuto, e dos 400 libres con 4 minutos e 57 segundos no ano 1923, baixando dos cinco minutos. Participa nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Xogos Olímpicos de Ámsterdam 1928 e conseguiu un total de cinco medallas de ouro en 100 e 400 m libres e 4 x 200 nos de 100 m e 4 x 200 respectivamente, batendo novamente as súas propias marcas. Será precisamente nos Xogos Olímpicos de París 1924 onde ademais participou no torneo de wáter-polo conseguindo a medalla de bronce. En toda a súa carreira alcanzou 52 veces o posto de campión dos Estados Unidos, e 67 marcas mundiais.
Tarzán
Axiña a Metro-Goldwyn-Mayer interésase nel para interpretar o personaxe de Tarzán no cine. A primeira película foi Tarzan the Ape Man (1932), adaptación da novela de Edgar Rice Burroughs, á que seguirían vinte e tres máis, entre elas Tarzan and His Mate (1934), Tarzan Escapes (1936), Tarzan Finds a Son! (1939), O tesouro secreto de Tarzán (1941), Tarzan's New York Adventure (1942) e Tarzan and the Mermaids (1948). Tamén foi protagonista, dende 1948, da serie para televisión Jungle Jim.
Chegou a contraer matrimonio un total de cinco veces: coa cantante Bobby Arnst, coa actriz Lupe Vélez e con Beryel Scott Ginter, Allenne Gates e Maria Brock Mandel. Tras dous derrames cerebrais entre 1976 e 1978, estableceu a súa residencia definitiva en Acapulco, onde logo de diversas desavinzas morreu á idade de 79 anos.