Joaquín Ezquerra del Bayo, nado en Ferrol o 11 de setembro de 1793 e finado en Tudela (Navarra) o 14 de agosto de 1859, foi un enxeñeiro galego, un dos fundadores da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais[1].
En 1810, logo da Guerra da Independencia Española, marchou a Francia ao ser partidario de Napoleón Bonaparte. Ao regreso a España ingresou na Escola de Enxeñeiros de Camiños e Canles. Entre 1830 e 1835 estivo cunha bolsa en Freiberg (Saxonia), e en 1833 asistiu ao Congreso de Breslau.
Foi Inspector xeral do Corpo de Enxeñeiros de Minas, professor de Laboreo de Minas e de Mecánica Aplicada na Escola Especial do mesmo corpo, amais de membro de diversas sociedades científicas e autor de obras e treballos industriais
Interveu no proxecto de condución de augas a Madrid desde os ríos Lozoya e Guadalix.