Jessica Alice Tandy, nada en Londres o 7 de xuño de 1909 e finada en Easton, Connecticut o 11 de setembro de 1994, foi unha actriz estadounidense nada no Reino Unido.
Traxectoria
Comezou a súa carreira en Londres aos dezaoito anos e rodou algúns filmes no Reino Unido, pero tras divorciarse do actor Jack Hawkins marchou aos Estados Unidos, traballando tanto no teatro coma na radio, para pasar logo á televisión.
Debutou no cinema norteamericano en 1944 en The Seventh Cross. Dous anos despois participou en The Green Years, onde interpretaba a filla do seu marido, o actor Hume Cronyn.
Foi a protagonista da primeira representación de A Streetcar Named Desire.
A súa carreira cinematográfica seguiu de forma esporádica nas seguintes décadas. En 1989 protagonizou Paseando a Miss Daisy, coa que gañou o Oscar á mellor actriz, sendo a actriz de máis idade en gañalo.
Finou en 1994.
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas