Protagonizou máis dun centenar de películas.[2] Tamén exerceu como directora nalgunha ocasión, como en Bella Loves Jenna[3] (2003) ou Jenna's Provocateur[4] (2006).
Traxectoria
Mocidade
Jenna nace en Las Vegas. O seu pai é policía e director de programación da KVBC (unha radio afiliada á NBC) mentres que a súa nai fai de showgirl nas Vegas[5]. O 20 de febreiro de 1976 a nai de Jenna falece por mor dun cancro de pel. Ela apenas conta con dous anos. O tratamento médico contra o cancro pon en serios apuros económicos á familia obrigándoos a mudarse con frecuencia e a viviren ata nunha caravana.[6]. Na súa mocidade participa en numerosos concursos de beleza e dá clases de ballet.
En 1990, e segundo conta a actriz na súa autobiografía, é vítima dunha violación, en Montana por catro mozos tras un partido de fútbol americano. Jenna relata tamén unha nova violación pouco despois, acusando nesta ocasión a Preacher, o tío do seu noivo da época. Como consecuencia do ocorrido, a actriz foxe co seu noivo. Este, que exercía como tatuador, realízalle as súas primeiras tatuaxes. Entre elas atópase o característico dobre corazón que loce na nádega dereita. Posteriormente, engadiríase a inscrición Heart Breaker (rompecorazóns) no interior.
Os seus primeiros pasos
Jenna Massoli trata de seguir os pasos da súa nai, e para iso decide buscar traballo como showgirl en Las Vegas. Porén, é rexeitada da maioría dos espectáculos por non alcanzar o talle mínimo requirido (175 cm).[7] Finalmente consegue traballo no Vega World casino pero acaba renunciando ao mesmo, dous meses despois, por culpa duns horarios demasiado esixentes e un soldo baixo.[8]
Neste momento, é cando o seu noivo a anima a procurar traballo como stripper[9], pero Jenna, é menor de idade. É por iso que se ve obrigada a falsificar os seus papeis para ser contratada[10]. É despedida do Crazy Horse Too, outro casino de Las Vegas por levar aparato dental, o que a leva a quitalo ela mesma, utilizando unhas pinzas.[5] Sen el, Jenna é readmitida. Seis meses despois, e sen rematar o instituto, xa gaña máis de 2000 dólares por noite.[10]
No seu traballo como stripper, Jenna empeza a utilizar o pseudónimo de Jennasis,[8] que iría transformando co tempo ata converterse en Jennasis Entertainment. Nos seus traballos como modelo, porén, prefire usar o nome co que posteriormente acadaría a fama: Jenna Jameson. O apelido Jameson provén dunha das súas bebidas favoritas: o whisky Jameson.[11]
En 1991 realiza as súas primeiras fotografías totalmente espida. As mesmas son obra de Suze Randall. Jenna recibe 300 dólares polas fotos crendo que serían publicadas na revista Penthouse.[8] Con todo non é así, e acaban sendo vendidas a outras publicacións masculinas, o que leva a moza a sentirse enganada, concluíndo así a súa relación coa afamada fotógrafa.[12]
Durante os seus días de stripper en Las Vegas entra en contacto coas drogas e convértese en consumidora habitual de LSD e máis metanfetamina. O seu estado de saúde sofre unha deterioración progresiva que empeora cando decide deixar de comer. A súa extrema delgadeza, (chega a pesar 35 quilos),[13] impídelle seguir traballando coma modelo e supón o remate da relación co seu mozo. Jenna acaba nunha cadeira de rodas e de regreso co seu pai, que reside en California. Este ingrésaa nun programa de desintoxicación para tratar de superar a súa adicción.
Carreira coma actriz porno
Comezos (1993-1994)
Recuperada dos seus problemas de saúde, Jenna, decide iniciar a súa carreira coma actriz porno co propósito de se vingar do seu ex mozo.[5] Así, en 1993 debuta por primeira vez perante as cámaras nun filme erótico que roda Andrew Blake no que coincide con Nikki Tyler, actriz coa que mantería unha breve relación sentimental.[7]
O seu debut, nun filme X, faino da man do director Randy West. Xa en 1994 aparece en Up and Cummers 10 e Up and Cummers 11.
Ese mesmo ano, Jenna pasa varias veces polo quirófano para aumentar o peito e retocar o queixelo. Deste xeito busca lanzar definitivamente a súa carreira.[14]
Cómpre esperar varios filmes máis para que a actriz realice a súa primeira escena heterosexual (até agora só realizara escenas lésbicas) en Cherry Pie (1994). Desde un primeiro momento deixa claro que endexamais practicará o sexo anal ou realizará unha dobre penetración perante as cámaras.[9] Tampouco rodou nunca escenas interraciais con homes.[15]
En 1995 asina un contrato exclusivo coa produtora de filmes pornográficos Wicked Pictures,[5] unha produtora pequeneira que debe gran parte do seu crecemento á atinada fichaxe de Jenna.
A multipremiada Blue movie (1995)[16] supón a estrea da actriz coa súa nova produtora. Conquest (1996), Flashpoint (1997), Satyr (1997), ou Dream Quest (2000) son algúns dos títulos máis relevantes rodados pola actriz durante esa etapa. En varias delas é dirixida por Brad Armstrong co que casaría en 1996.
Club Jenna & Vivid (2000-Actualidade)
En 2000, Jenna e o seu novo mozo Jay Grdina (máis coñecido coma Justin Sterling na industria do Cinema X) crean: Club Jenna. Desde este momento, a actriz só traballa para a súa produtora e de raro en raro para Vivid que é a encargada de distribuír os filmes da empresa acabada de crear. Jenna loves Brianna (2001) é o seu primeiro traballo e todo un éxito en vendas.[5] Outros títulos destacábeis son : Bella Loves Jenna (2003), New Devil In Miss Jones (2004) ou The Masseuse (2004).
En 2004 Jenna lanza ao mercado a súa autobiografía, titulada How to Make Love Like a Porn Star (Como Facer O Amor Igual Que Unha Estrela Do Porno), en cuxa portada aparece disfrazada de Marilyn Monroe.
En 2005Club Jenna é adquirida por Playboy. Iso permite á produtora diversificar os produtos e servizos ofrecidos. Un deles é Playboy TV onde a actriz se pon ao mando de Jenna's American Sex Star, un programa onde se procuran novos talentos para a industria.
Retirada do porno
O 1 de agosto de 2007 Jenna sométese a unha operación de redución de peito, pasando de empregar un talle 110 (34DD) que mantivera durante a maior parte da súa carreira, a un talle 95 (34C). Tatúa ambas as dúas omoplatas coa frase non teño medo, nacín para facer isto -Xoana De Arco ("I'm not afraid, I was born to do this -Joan Of Arc") e anuncia a súa retirada do porno, afirmando que endexamais volverá actuar en ningún filme porno.[17]
O 14 de xaneiro de 2008, Jenna confirma as súas palabras na entrega do Jenna Jameson Crossover Star Of The Year (premio do ano á estrela porno que máis se internou nos medios de comunicación convencionais) na gala dos Premios AVN. Durante o seu discurso asevera, "nunca xamais, xamais, xamais volverei abrirme de pernas para esta industria, endexamais", recibindo enormes apupos e rexeitamento por parte do público e dos asistentes á gala.[18]
Malia isto, non se pode considerar por concluída a carreira de Jenna Jameson xa que aínda existen filmes por teren a súa estrea con Jenna coma actriz neles. Mostra disto son recentes estreas coma Jenna Loves Diamonds (rodada en 2002 e estreada en 2008)[19] ou Burn (rodada en 2004[20] e estreada en 2008).
Autobiografía
A autobiografía de Jenna Jameson, titulada How to Make Love Like a Porn Star publicouse o 17 de agosto de 2004 nos Estados Unidos. Neil Strauss é coautor da mesma e foi publicada por ReganBooks.[21] Converteuse, case deseguida, nun best-séller.[5]
En canto ao seu contido, o libro non omite ningún detalle da vida da actriz: describe as dúas violacións sufridas, os seus problemas coas drogas, o seu primeiro matrimonio infrutuoso e as súas numerosas relacións sentimentais tanto con homes como con mulleres.[22]
A narración realizada en primeira persoa, está salpicada por fotos persoais, extractos de diarios íntimos, entrevistas a familiares, guións de filmes e imaxes de cómic.[23]
En xaneiro de 2007, fai pública a súa vontade de levar ao cinema a súa autobiografía, ela mesma cita a actriz Scarlett Johansson coma unha das persoas que mellor podería interpretar o papel principal do filme.[24]
Relacións persoais
Na súa autobiografía, a actriz menciona que se deitou con máis de cen mulleres e unha trintena de homes fóra do seu traballo.[25] A súa relación coa tamén actriz porno Nikki Tyler é unha delas.[7] Entre as súas parellas heterosexuais, cita no seu libro a Marilyn Manson[26] ou a Tommy Lee.
Jenna Jameson casa por primeira vez o 20 de decembro de 1996 co actor e director porno Brad Armstrong. Aínda que se divorcian en 2001, en realidade, apenas conviven durante unhas dez semanas.[27]
No verán de 1998 coñece a Jay Grdina, antigo propietario dunha produtora de cinema X. Desde ese ano convértese no único actor co que comparte escena. Tras varios anos vivindo xuntos casan, pola Igrexa o 22 de xuño de 2003.[14]
A parella fixou a súa residencia en Scottsdale (Arizona) nun pazo de 600 metros cadrados que mercaron por dous millóns de dólares en 2002.[14]
No 2000, Jenna Jameson e o seu mozo (Jay Grdina) crean ClubJenna.com. O portal ofrece inicialmente, fotos e vídeos, consellos para a vida en parella e até a posibilidade de adquirir accións da empresa recentemente creada. Axiña o sitio amplíase con contido que non se refire unicamente á actriz.
En 2001 inicia a produción de filmes porno so o selo ClubJenna.[5] Jameson participa nalgún deses filmes coma actriz ben en escenas lésbicas ben actuando co seu mozo, coñecido na industria X so o pseudónimo de Justin Sterling.[29] Briana Loves Jenna (2001), unha coprodución con Vivid é a primeira producida. É rodada en doce días e ten un custo inicial de 28.000 dólares atinxindo xerar máis dun millón de dólares de beneficio nun ano. É o filme máis alugado do 2001 e levouse dous premios AVN.[5][30] Progresivamente, a actriz foi perdendo protagonismo nos filmes da produtora a prol doutras actrices contratadas en exclusividade pola mesma, coma: Krystal Steal, Jesse Capelli, McKenzie Lee, Ashton Moore ou Sophia Rossi.
En 2005, a actriz produce e dirixe o seu primeiro filme "The Provocateur" que tivo a súa estrea so o nome Jenna's Provocateursetembro de 2006.[31] Ese mesmo ano, estímase que o capital da empresa acada os 30 millóns de dólares e que os seus beneficios están próximos aos 15 millóns de dólares.[5] A empresa posúe un panel publicitario de máis de 15 metros de alto sito en Times Square no que se anuncian todas as novidades da produtora.[14]
ClubJenna ofrece tamén, unha liña de xoguetes sexuais e videoxogos onde a actriz é a protagonista e cuxo obxectivo é que unha Jenna en 3D chegue ao orgasmo. Alén disto, administra máis de 150 páxinas oficiais de estrelas do porno.[32]
Outra área de negocio é a representada por Club Thrust, un sitio web interactivo destinado aos fans gai da actriz.[33]
En agosto de 2006 adquiriu Babes Cabaret, un local de striptease de Scottsdale (Arizona).[34] Porén, pouco despois da adquisición as autoridades locais se plantean prohibir o espido nos locais para adultos e prohibiren ás bailarinas achegárense a menos de 120 cm dos espectadores. Esta medida faría imposíbel o lap dance, principal fonte de ingresos das bailarinas.[35] Jenna combateu con forza a medida. O 12 de setembro de 2006 un referendo favorábel á postura defendida pola actriz rematou co debate.[36]
Nesa mesma liña creouse o Vivid Club Jenna Super Bowl Party onde varias actrices so contrato con ClubJenna e con Vivid realizaban desfiles de lenzaría no "Zoo Club" un local de Detroit.
O 22 de xuño de 2006, Playboy Enterprises Inc. anuncia a compra de Club Jenna Inc.
[37]
Intervencións fóra do porno
Alén de ser moi coñecida dentro da industria do cinema X, a actriz ten tido unha forte presenza fóra dese medio atinxindo deste maneira achegar a pornografía ao gran público.[38]
En 1995, Jenna Jameson logra converterse nunha convidada habitual do programa de radio de Howard Stern.[5]
Uns anos despois intervén no seu primeiro filme convencional: 'Private Parts' (1997), facendo o papel de Mandy. Esta actuación sería a primeira dunha serie de participacións en filmes sen contido sexual. Ese mesmo ano aparece en Hardcore Heaven 97, un programa en pago por visión de l'Extreme Championship Wrestling. Xa en 1998 intervén en l'ECW Living Dangerously. A fins dos anos 90 presenta varias entregas do programa sobre viaxes Voyage Wild On! emitido por E!.
Así mesmo en 2001 a actriz intérnase no mundo da dobraxe ao emprestar a súa voz a un dos personaxes da serie Family Guy nun capítulo titulado "Brian Does Hollywood". En 2002, e xunto a Ron Jeremy protagonizan Porn 'n chicken,[39] un filme para a televisión onde se interpretan a eles mesmos. Tamén en 2002 Jenna aparece en dous videoxogos. Así empresta a súa voz a Candy Suxxx en Grand Theft Auto: Vice City. O outro videoxogo é Tony Hawk's Pro Skater 4. En 2003, aparece en dous episodios de Mister Sterling emitida pola NBC en "prime time" e na que era a noiva dun político.[7]
Decontino, é o éxito da súa autobiografia (2004) a que lle permite ter unha forte presenza nos medios grazas ás entrevistas que dará en canles coma a NBC, CNBC, Fox News e CNN.
En 2005 ten a súa estrea Evil Breed: The Legend of Samhainse, un filme de terror rodado 3 anos antes e no que tamén aparecen outras actrices porno coma Ginger Lynn. A esta sucederíana outras dúas cintas verbo do mesmo xénero : Sin-Jin Smyth (2006)[40] e Zombie Strippers (2008).
2006: Mellor actriz secundaria - polo filme The New Devil In Miss Jones.
2006: Mellor escena lésbica - polo filme The New Devil In Miss Jones con Savanna Samson.
2006: Premio AVN por ser a personalidade do porno máis coñecida e involucrada fóra da industria X, nos medios e na cultura pop - (Crossover Star Of The Year).
2013 studio album by Pink MartiniGet HappyStudio album by Pink MartiniReleasedSeptember 24, 2013 (2013-09-24)RecordedJanuary 2012-June 2013GenreBossa Nova, Easy ListeningLabelHeinzPink Martini chronology 1969(2011) Get Happy(2013) Dream a Little Dream(2014) Get Happy is the sixth studio album from the American musical group Pink Martini. It was released on September 24, 2013, under the band's own label, Heinz Records. Guest artists include Phyllis Diller, Philippe Kater...
Sporting event delegationJamaica at the2015 Pan American GamesIOC codeJAMNOCJamaica Olympic Associationin Toronto, Canada10–26 July 2015Competitors56 in 7 sportsFlag bearer (opening)Gareth HenryFlag bearer (closing)RasheedDwyerMedalsRanked 13th Gold 3 Silver 4 Bronze 2 Total 9 Pan American Games appearances (overview)1951195519591963196719711975197919831987199119951999200320072011201520192023 Jamaica competed in the 2015 Pan American Games in Toronto, Ontario, Canada from July 10 ...
Royal Italian Army infantry division during World War II 221st Coastal DivisionActive1942 – 1943Country Kingdom of ItalyBranch Royal Italian ArmySizeDivisionGarrison/HQPontiniaEngagementsWorld War IIInsigniaIdentificationsymbol 221st Coastal Division gorget patchesMilitary unit The 221st Coastal Division (Italian: 221ª Divisione Costiera) was an infantry division of the Royal Italian Army during World War II.[1] Royal Italian Army coastal divisions were second line divisi...
Die Liste der Kulturdenkmale in Rossendorf umfasst sämtliche Kulturdenkmale der Dresdner Gemarkung Rossendorf. Grundlage bildet das Denkmalverzeichnis des Themenstadtplans Dresden, das sämtliche bis Januar 2006 vom Landesamt für Denkmalpflege Sachsen erfassten Kulturdenkmale beinhaltet. Straßen und Plätze in der Gemarkung Rossendorf sind in der Liste der Straßen und Plätze in Rossendorf aufgeführt. Legende Bild: Bild des Kulturdenkmals, ggf. zusätzlich mit einem Link zu weiteren Foto...
جزيرة سيلارومعلومات عامةجزء من جزر تانيمبار البلد إندونيسيا[1][2][3] تقع في التقسيم الإداري Tanimbar Islands Regency (en) [1] موجود بالقرب من المسطح المائي بحر آرافورابحر تيمور[4][5] الإحداثيات 8°11′38″S 130°59′04″E / 8.1938°S 130.9845°E / -8.1938; 130.9845[6] عدد السكان 12
Câmara dos DeputadosCámara de los diputados LVI legislatura Interior del HemicicloInformación generalÁmbito Brasil BrasilCreación 6 de mayo de 1826Tipo Cámara bajaInicio de sesiones 1 de febrero de 2019LiderazgoPresidente Arthur Lira (PP)desde el 1 de febrero de 2021 Vicepresidentes 1º Marcos Pereira (REP) 2º Sóstenes Cavalcante (PL)desde el 1 de febrero de 2023 Líder del gobierno José Guimarães (PT)desde el 6 de enero de 2023 Líder de la mayoría Aguinaldo Ribeiro...
Association football club in Fleetwood, England Football clubFleetwood TownFull nameFleetwood Town Football ClubNickname(s)The Cod Army [1] The Cods[2]Founded1908; 115 years ago (1908) (as Fleetwood)1928; 95 years ago (1928) (as Fleetwood Windsor Villa, later Fleetwood)1977; 46 years ago (1977) (second reformation as Fleetwood Town)1997; 26 years ago (1997) (third reformation Fleetwood Wanderers)GroundHigh...
تحتاج هذه المقالة كاملةً أو أجزاءً منها إلى تدقيق لغوي أو نحوي. فضلًا ساهم في تحسينها من خلال الصيانة اللغوية والنحوية المناسبة. القوات الجوية الأمريكية United States Air Force شعار القوات الجوية الأمريكية الدولة الولايات المتحدة الإنشاء 18 سبتمبر 1947[1] الدور إلى الطيران، ن
Sungai ChitoseChitose-gawacode: ja is deprecated (Jepang)千歳川Pemandangan dari tepi selatan di Chūō Grand Avenue di Chitose, Jepang (Mei 2004)LokasiNegaraJepangPrefekturHokkaidoSubprefekturSubprefektur Ishikari, Subprefektur SorachiDistrikDistrik Sorachi, Distrik KabatoKota-kotaNanporo, Chitose, Ebetsu, Kitahiroshima, Eniwa, NaganumaCiri-ciri fisikHulu sungaiDanau Shikotsu - lokasiChitose, Hokkaido, Jepang - koordinat42°46′16″N 141°24′11″E...
Untuk kegunaan lain, lihat Al Ittihad. Al-Ittihad ClubBerkas:Al-Ittihad Club (Jeddah) logo.svgNama lengkapAl-Ittihad Saudi ClubJulukan(Al-Numoor) Para Harimau(Nadi Al-Sha'ab) Klub Para Rakyat(Nadi Al-Watan) Klub Bangsa(Di Tengah Al-Andiyah) Ketua Para KlubBerdiri26 Desember 1927; 95 tahun lalu (1927-12-26)[1]StadionKing Abdullah Sports City(Kapasitas: 62,345)PemilikPublic Investment Fund (75%) Al-Ittihad Non-Profit Foundation (25%)[2]KetuaAnmar Al HailyManajerNuno Espíri...
Depiction of human ejaculation Illustration of an oral cum shot, in which a man ejaculates onto a woman's tongue A cum shot is the depiction of human ejaculation, especially onto another person. The term is usually applied to depictions occurring in pornographic films, photographs, and magazines. Unlike ejaculation in non-pornographic sex, cum shots typically involve ejeculation outside the receiver's body, allowing the viewer to see the ejaculation in progress.[1] Facial cum shots (o...
Antonio GiovinazziAntonio Giovinazzi pada tahun 2019Lahir14 Desember 1993 (umur 29)Martina Franca, ItaliaKarier Kejuaraan Dunia Formula SatuKebangsaan ItaliaTahun aktif2017TimAlfa Romeo Racing-FerrariJumlah lomba62 (62 starts)Juara dunia0Menang0Podium0Total poin21Posisi pole0Lap tercepat0Lomba pertamaGrand Prix Australia 2017Lomba terakhirGrand Prix Abu Dhabi 2021Klasemen 2021ke-18 (3 poin)Karier Kejuaraan Ketahanan Dunia FIAMusim debut2016Tim saat iniFerrari – AF CorseIzin balap FIA P...
UjungKecamatanNegara IndonesiaProvinsiSulawesi SelatanKotaPareparePemerintahan • CamatH. Muhammad Yunus Nonci, S.Pd., M.M.Populasi • Total32,927 jiwa jiwaKode Kemendagri73.72.02 Kode BPS7372020 Luas11,30 km²Desa/kelurahan5 Peta administrasi kecamatan ujung Ujung adalah sebuah kecamatan di Kota Parepare, Sulawesi Selatan, Indonesia. Camat Ujung saat ini H. Muhammad Yunus Nonci S.Pd,MM. Kecamatan Ujung terdiri dari: Kelurahan Labukkang Kelurahan Ujung Sabbang Kelur...
List of Windows 10 editions Part of a series of articles onWindows 10 Editions New features Removed features Version history Criticism Siblings Windows Server 2016 Windows Server 2019 Windows Server 2022 Windows 10 Mobile Related Windows Mixed Reality Windows Insider Microsoft Store Universal Windows Platform Fluent Design System vte Windows 10 has several editions, all with varying feature sets, use cases, or intended devices. Certain editions are distributed only on devices directly from an...
French journalist, essayist and novelist Bertrand Poirot-Delpech (10 February 1929, Paris – 14 November 2006) was a French journalist, essayist and novelist. He was elected to the Académie française on 10 April 1986. He is the father of writer Julie Wolkenstein. Early years Poirot-Delpech came from a family of academics and doctors. His ancestors included several surgeons. His father died in 1940. He attended Stanislas and Louis-le-Grand secondary schools, completing his khâgne at the la...
Western television series This article is about the 1985 Western series. For the children's nature series, see Wild Side Show. WildsideGenreWesternCreated byTom GreeneWritten by Walter Brough Tom Greene Steve Johnson Jonathan Torp William Whitehead Directed by Tom Greene Harvey S. Laidman Richard C. Sarafian Starring Howard Rollins William Smith Sandy McPeak J. Eddie Peck Terry Funk John D'Aquino Meg Ryan ComposerJack ElliottCountry of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of seasons...
Building in Rome, Italy Palazzo EniGeneral informationStatusCompletedTypeOfficeLocationRome, ItalyCompleted1962Height80 m (262 ft)Technical detailsFloor count22 Palazzo Eni (also Palazzo ENI) is an office skyscraper in Rome, Italy. It is 80 meters tall and has 22 floors.[1] At the time of its completion in 1962, it was the tallest building in Rome. As of 2015, it is the third tallest building in the city, after Torre Eurosky and Torre Europarco. It lies within the EUR distri...