Family Guy é unha comedia de animación norteamericana creada por Seth MacFarlane para FOX en 1999. A serie foi cancelada unha vez en 2000 e outra no 2002, pero as fortes vendas de DVD e as reposicións dos capítulos en Cartoon Network levou á FOX a retomar a súa produción no 2005. Este é sen dúbida un feito único para unha serie de televisión, e aínda máis para unha serie de animación.
O principal protagonista, Peter Griffin, é a cabeza dunha familia de clase media clasicamente disfuncional. A marca de humor propia de Family Guy son as habituais referencias á cultura popular de forma disparatada e os flashbacks sen sentido que xorden durante os momentos máis divertidos e máis inesperados.
Seth MacFarlane, alén de ser o autor da serie, contribúe igualmente para as voces de moitos dos personaxes (Peter, Brian, Stewie, Glenn Quagmire, Tom Tucker, e algúns outros).
Historia
A primeira e segunda temporada de Family Guy fixéronse a comezos de 1999, despois de que dous curtos chamados The Life of Larry e Larry and Steve captasen a atención da FOX. Larry serviría como base para o personaxe de Peter Griffin, mentres que o cadelo Brian está baseado en Steve.
Despois anunciouse a súa cancelación, pero un cambio na FOX e a protesta dos fans fixeron revogar esta decisión e facer a terceira temporada. Ó rematar a terceira temporada a serie foi realmente cancelada. As emisións dos capítulos en Teletoon (e despois Adult Swim) fixeron medrar o interese, facendo medrar a venda de DVD (vendéronse 2,2 millóns nun ano).
Family Guy retornou á produción no 2004, con dúas novas temporadas (para un total de cinco) e a saída en DVD do filme, Stewie Griffin: The Untold Story. A oitava temporada está en curso.
Personaxes
Esta familia está composta polo pai, Peter Griffin (o pai de familia, católico e irlandés-americano, totalmente descerebrado), a muller deste, Lois Griffin, (a ama de casa e mestra de piano), e os tres fillos que teñen: Chris (en plena puberdade e que herdou todo o malo de seu pai), Meg (a filla máis vella, pouco querida pola súa familia e desprezada polos seus amigos) e Stewie (un bebé un tanto diabólico). A familia complétase co can, Brian, o cal é bípede e pode falar (o personaxe máis sensato e incluso máis humano cós propios humanos).
Esta familia coexiste con outros personaxes, coma Quagmire (un desviado sexual), Cleveland (como eles mesmos din un negro abandonado pola muller), Joe (o policía paralítico),... todos eles cun rol diferente e que configuran un mosaico da sociedade.
Casting
Voces orixinais:
- Seth MacFarlane: Peter, Stewie e Brian.
- Alex Borstein: Lois.
- Seth Green: Chris.
- Mila Kunis: Meg.
Guía de episodios
Actualmente estase transmitindo a tempada número oito nos Estados Unidos. Existiu un debate acerca das temporada cinco e seis, xa que a cuarta foi dividida en dúas, deixando pensar que eran as número catro e cinco. Na páxina oficial de Family Guy confirmouse que a temporada número catro, malia ser dividida en dous, é só unha.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
|
Familia Griffin | |
---|
Parentes da familia Griffin | |
---|
Familia Brown | |
---|
Outros personaxes | |
---|
Outros | |
---|