Stewie Griffin: The Untold Story é un filme de animación realizado trala cancelación da serie Family Guy pola FOX no 2005 e que trata sobre a mesma.
Para crear e comercializar este filme decidiuse reeditar un episodio duplo, composto por dous episodios.
O filme empeza coa estrea do mesmo filme, unha nova contada por Tom Tucker e Diane Simmons (xornalistas dos noticiarios habituais de Quahog), e coa visita de tódolos "actores" do filme, a familia Griffin.
A historia céntrase en Stewie, que ó ver na televisión un home parecido a el, a quen alcuma "o meu outro eu" cre que é o seu pai real, rexeitando a Peter. Stewie decide ir a buscar a este home, e emprende a busca xunto a Brian.