Janet McTeer, nada en Newcastle upon Tyne o 8 de maio de 1961,[1][2][3] é unha actriz inglesa, gañadora dun Globo de Ouro e dun Tony e candidata ao Óscar en dúas ocasións.
Traxectoria
Nada en Newcastle upon Tyne, McTeer asistiu á Royal Academy of Dramatic Arts e comezou a súa carreira teatral de éxito co Royal Exchange Theatre despois de graduarse.[2] O seu traballo televisivo inclúe a produción da BBC de Nigel Nicolson Portrait of a Marriage protagonizada por Vita Sackville-West e a popular serie da ITV The Governor escrita por Lynda La Plante. Debutou na gran pantalla con Half Moon Street, un filme de 1986 baseado nunha novela de Paul Theroux, e apareceu na versión cinematográfica de 1992 de Wuthering Heights, protagonizado por Juliette Binoche e Ralph Fiennes, e en Carrington (1995) xunto a Emma Thompson e Jonathan Pryce.
En 1996, McTeer foi aclamada pola súa interpretación como Nora nunha produción de Henrik Ibsen no West End, de Casa de bonecas.[2] O ano seguinte, a produción pasou por Broadway e foi galardoada cun premio Tony.[4]
Mentres facía o espectáculo, McTeer foi entrevistada por Charlie Rose no seu programa da PBS, onde foi vista polo cineasta Gavin O'Connor, que estaba a traballar nun guión sobre unha nai solteira que viaxaba polo país coa súa filla preadolescente. Encantado pola actriz, decidiu que debía protagonizar o filme e cando os posibles produtores dubidaron do seu anonimato nos Estados Unidos, produciu o filme el mesmo. Tumbleweeds foi o filme favorito no Festival de Cinema de Sundance de 1999, e a interpretación de McTeer valeulle un Globo de Ouro á Mellor Actriz de Comedia ou Musical e unha candidatura ao Oscar á mellor actriz.[5]
Entre os créditos de McTeer inclúense Songcatcher con Aidan Quinn, Waking the Dead con Billy Crudup e Jennifer Connelly, o filme dogma The King is Alive con Jennifer Jason Leigh, The Intended con Brenda Fricker e Olympia Dukakis, Tideland escrito e dirixido por Terry Gilliam e As You Like It, dirixido por Kenneth Branagh. Tamén protagonizou a dramatización de Precious Bane de Mary Webb.[6]
Apareceu tamén nas series de televisión británica The Amazing Mrs Pritchard e Five Days, e como María, raíña de Escocia en Mary Stuart no West End de Londres. Protagonizou God of Carnage no West End xunto a Tamsin Greig, Ken Stott e Ralph Fiennes no Teatro Gielgud.[7] Foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2008.[8]
Filmografía
Notas
- ↑ "Ms Janet McTeer, OBE" Arquivado 10 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. Derbrett's People of Today. Consultado o 31 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Whiting, Kate (19 de xaneiro de 2009). "Janet McTeer: A tall order's no trouble". Chester Chronicle. Consultado o 22 de maio de 2009.
Janet was born in 1961 in Newcastle-Upon-Tyne, and started her career in acting on stage at the Royal Exchange Theatre.
- ↑ Births, Marriages, & Deaths Index of England & Wales, 1916–2005; at ancestry.com
- ↑ League, The Broadway. "Janet McTeer – Broadway Cast & Staff – IBDB".
- ↑ Essex, Andrew (17 de decembro de 1999). "Dixie Chick". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ "Janet McTeer (credits and biography)". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ De Jongh, Nicholas. "Carnage in the dark does not dim the acting", London Evening Standard, 26 de marzo de 2008.
- ↑ LondonGazette, núm. 58729, 14 de xuño de 2008
Véxase tamén
Ligazóns externas