Jennifer Leigh Morrow, nada no barrio de Hollywood nos Ánxeles, o 5 de abril de 1962, é unha actriz estadounidense, coñecida como Jennifer Jason Leigh.
Traxectoria
Leigh naceu en Hollywood. O seu pai foi o actor Vic Morrow e a súa nai a guionista Barbara Turner. O seu nome real era Jennifer Leigh Morrow, mais cambiouno ao principio da súa carreira adoptando "Jason" en homenaxe a Jason Robards, amigo da familia.
Debutou no cinema aos nove anos e a partir dos catorce comezou a estudar en Nova York en cursos de verán de Lee Strasberg. En 1982 interpretou unha adolescente que queda embarazada en Fast Times at Ridgemont High, de Cameron Crowe, que supuxo o seu lanzamento. Ese mesmo ano faleceu o seu pai nun accidente durante a rodaxe de Twilight Zone: The Movie.
Durante a década de 1990 traballou con directores independentes como Robert Altman, Alan Rudolph e David Cronenberg.
En 2001 codirixiu e coescribiu o filme The Anniversary Party.
Filmografía
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas