Indiana Jones e a última cruzada (en inglés: Indiana Jones and the Last Crusade) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1989.
Nesta terceira entrega, o pai de Indiana Jones (Harrison Ford), Henry Jones, tamén arqueólogo (Sean Connery), é secuestrado cando buscaba o Santo Graal. Indiana terá que ir a rescatalo e, de paso, intentar facerse coa prezada reliquia, que tamén ambicionan os nazis.