Il barbiere di Siviglia

Il barbiere di Siviglia
O barbeiro de Sevilla
Cartel da estrea.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaCesare Sterbini
Fontes literariasbaseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775) e o libreto de Giuseppe Petrosellini para a ópera de Giovanni de 1782.[1]
Estrea20 de febreiro de 1816
Teatro da estreaTeatro Argentina
Lugar da estreaRoma
Duración2 horas 45 minutos
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Figaro (barítono)
Don Bartolo (baixo buffo)
Rosina (mezzosoprano)
Conde de Almaviva (tenor)
Fiorello (baixo)
Don Basilio (baixo)
Berta (mezzosoprano)

Il barbiere di Siviglia (en galego O barbeiro de Sevilla) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseado á súa vez na comedia de Pierre-Augustin de Beaumarchais Le Barbier de Séville (1775). A estrea co título Almaviva, ossia l'inutile precauzione tivo lugar no Teatro Argentina de Roma o 20 de febreiro de 1816 baixo a dirección do propio compositor. Foi unha das primeiras óperas italianas que se representou nos EUA, estreándose alí no Park Theater de Nova York o 29 de novembro de 1825.[2] Il barbiere de Rossini demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música, e foi descrita como a ópera buffa de tódalas óperas buffas. Mesmo logo de douscentos anos, a súa popularidade na escena da ópera moderna testemuña a súa grandeza.[3]

Trama

A acción sitúase en Sevilla (España), a finais do século XVII, cando as prerrogativas da nobreza e o escurantismo do Antigo Réxime comezan a dar paso á Ilustración, apuntando xa o xerme da revolución burguesa. Rosina, unha rapaza bela e orfa vese privada da súa liberdade. O seu titor tena pechada na casa e só a deixa saír á misa, coa esperanza de casar algún día. Ela no entanto, está namorada dun conde mozo que fará todo o que estea nas súas mans para deitarse e casar con ela. Grazas á axuda do barbeiro Figaro, o mesmo que inspirou Le nozze di Figaro (célebre ópera de Wolfgang Amadeus Mozart). A ópera de Rossini segue a primeira das obras da triloxía de Figaro de Beaumarchais, mentres que a ópera de Mozart, composta 30 anos antes (en 1786), baséase na segunda parte da triloxía do dramaturgo francés, titulada As vodas de Fígaro. A versión orixinal foi estreada por Beaumarchais na Comédie Française do Pazo das Tulleries de París en 1775.[4]

Personaxes

Personaxe Tesitura Elenco o 20 de febreiro de 1816
Director: Gioachino Rossini
Figaro (barbeiro) barítono Luigi Zamboni
Don Bartolo (médico, titor de Rosina) baixo buffo Bartolomeo Botticelli
Rosina (xove orfa) mezzosoprano Geltrude Righetti
Conde de Almaviva (nobre) tenor Manuel García
Fiorello (criado de Almaviva) baixo Paolo Biagelli
Don Basilio (profesor de música) baixo Zenobio Vitarelli
Berta (sirvienta de Don Bartolo) mezzosoprano Elisabetta Loiselet

Instrumentación

A partitura de Rossini require da utilización de:

Instrumentación de Il barbiere di Siviglia
Madeiras
2 frautas (II. dobrando piccolo), 1 óboes (2 só na Sinfonia), 2 clarinetes, 2 fagots.
Metais
2 trompas, 2 trompetas.
Percusión
Timbais (só na Sinfonia), bombo e sistros.
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos,

guitarra

Outros
Eolífono

Para os recitativi:

Estrutura

Representación do 15 de novembro de 1913 no Teatro Bolshoi de Moscova. Na parte superior o célebre baixo Fëdor Ivanovič Šaljapin)

A ópera está dividida en dous actos formados cada un por varios números que se van sucedendo:[5]

  • Sinfonia (Mi Maior)

Acto I

  • 1 Parte Prima rovinata
    • Coro Piano, pianissimo (Fiorello, Conte, Coro)
    • Cavatina Ecco, ridente in cielo (Conte)
    • Seguido da introdución (Recitativo) Ehi, Fiorello?... (Conte, Fiorello, Coro)
  • 2 Cavatina Largo al factotum (Figaro)
  • 3 Canción Se il mio nome saper voi bramate (Conte)
  • 4 Duetto All'idea di quel metallo (Figaro, Conte)
  • 5 Cavatina Una voce poco fa (Rosina)
  • 6 Aria La calunnia è un venticello (Basilio)
  • 7 Duetto Dunque io son... tu non m'inganni? (Rosina e Figaro)
  • 8 Aria A un dottor de la mia sorte (Bartolo)
  • 9 Finale I
    • Ehi di casa... buona gente... (Conte, Bartolo, Rosina)
    • Con la presente il Dottor Bartolo (Bartolo, Conte, Rosina, Berta, Basilio)
    • Che cosa accadde, signori miei? (Rosina, Berta, Conte, Figaro, Bartolo, Basilio, Ufficiale, Coro)
    • Ma signor... / Mi par d'essere con la testa (Bartolo, Coro, Berta, Basilio, Rosina, Conte, Figaro)

Acto II

  • 10 Recitativo Ma vedi il mio destino! (Bartolo)
  • 11 Aria Contro un cor che accende amore (Rosina, Conte)
  • 12 Arietta Quando mi sei vicina (Bartolo)
  • 13 Quintetto Don Basilio!... (Rosina, Conte, Figaro, Bartolo, Basilio)
  • 14 Aria Il vecchiotto cerca moglie (Berta)
  • 15 Temporale
  • 16 Terzetto Ah! qual colpo inaspettato (Rosina, Conte, Figaro)
  • 17 Recitativo instrumentato Il Conte!... ah, che mai sento!... (Conte, Bartolo, Basilio)
  • 18 Finaletto II Di sì felice innesto (Tutti)

Notas

  1. Riding Dunton-Downer, Alan (2008). Espasa Calpe, ed. Guías visuales Espasa: Ópera. p. 134-135. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Henry Edward Krehbiel, "Chapter 1", A Book of Operas: Their Histories, Their Plots and Their Music, Nova York, The Macmillan Company, 1909, de googlebooks
  3. Fisher, Burton D. The Barber of Seville (Opera Classics Library Series). Grand Rapids: Opera Journeys, 2005.
  4. Història de l'òpera a la web de l'Arena de Verona[Ligazón morta]
  5. Il barbiere di Siviglia: Cecilia Bartoli, Gino Quilico, Carlos Feller. Radio-Sinfonieorchester Stuttgart des SWR, Gabriele Ferro (dir.), Michael Hampe (dir. escena). ArtHaus Musik

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!