Adelaide di Borgogna

Adelaide di Borgogna
Adelaida de Borgoña
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiovanni Schmidt
Estrea27 de decembro de 1817
Teatro da estreaTeatro Argentina
Lugar da estreaRoma
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraNon encontrado
Personaxes

Ottone (contralto)
Adelaide (soprano)
Berengario (baixo)
Adelberto (tenor)
Eurice (mezzosoprano)
Iroldo (tenor)
Ernesto (tenor)

Adelaide di Borgogna é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini (con contribucións de Michele Carafa) e libreto en italiano de Giovanni Schmidt. Foi estreada o 27 de decembro de 1817 no Teatro Argentina de Roma.[1]

Historia

Adelaide di Borgogna foi estreada o 27 de decembro de 1817 no Teatro Argentina de Roma. A ópera, foi confiada a unha compañía de cantantes moi modesta, e baséase nun libreto aburrido que non estimulou a creatividade de Rossini e finalmente non tivo éxito. Representouse logo noutros poucos teatros (lémbrase un representación en Turín con Giuditta Pasta no papel de Ottone). Rossini empregou parte da música para Eduardo e Cristina.

En tempos modernos foi representada poucas veces, en 1984 no Festival della Valle d'Itria e en 1988 en París (protagonizada por Mariella Devia, Ernesto Palacio e Martine Dupuy); no Rossini Opera Festival (ROF) foi interpretada só dúas veces en forma de concerto en 2006 (protagonizada por Patrizia Ciofi). A primeira representación escénica no ROF tivo lugar en 2011 (protagonizada por Jessica Pratt), co gallo da celebración do 150 aniversario da unificación de Italia.

Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só dúas representacións no período 2005-2010.[2]

Personaxes

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 27 de decembro de 1817[3]
Adelaide, viúva de Adelberto. soprano Elisabetta Manfredini-Guarmani
Ottone, emperador de Alemaña. contralto Elisabetta Pinotti
Adelberto tenor Savino Monelli
Berengario, pai de Adelberto. baixo Gioacchino Sciarpelletti
Eurice, dona de Berengario. mezzosoprano Anna Maria Muratori
Ernesto, oficial de Ottone. tenor Giovanni Puglieschi
Iroldo, gobernador de Canoso (na historia Attone). mezzosoprano ou tenor Luisa Bottesi
Coro de soldados de Berengario, guerreiros de Ottone, damiselas, pobo

Argumento

O tema da ópera refírese a un episodio da historia medieval de Italia. Lotario, rei de Italia entre 945 e 950, foi envelenado por Berengario, quen usurpa o trono. A viúva de Lotario, Adelaide di Borgogna, refuxiase na fortaleza de Canossa (Canosso no libreto), no appennino reggiano, para escapar da persecución de Berengario, quen a obrigaría a casar con Adelberto, o seu fillio. En Canossa, Adelaide é protexida por Attone (Iroldo no libreto) mais, incapaz de resistir o asedio, pide a intervención de Ottone il Grande, Emperador de Alemaña, ofrecéndose como súa esposa e concedéndolle os dereitos aos que tiña dereito. Ottone ascende á Lombardía, libera Adelaide, casa con ela e a leva con el a Alemaña.

O libreto de Giovanni Schmidt contén porén algunhas inexactitudes: a acción está datada en 947, cando en realidade Lotario morreu en 950; tamén se di que a fortaleza de Canosso está cerca do Lago di Garda, mais en realidade está nos Apeninos.

Istrumentación

A partitura de Rossini require o emprego de:

Para os recitativos:

Estrutura

  • Sinfonia

Acto 1

  • 1 Introduzione Misera patria oppressa (Coro, Iroldo, Berengario, Adelaide, Adelberto)
  • 2 Coro, scena e cavatina Salve, Italia, un dì regnante - Soffri la tua sventura (Ottone)
  • 3 Duetto Vive Adelaide in pianto (Ottone, Adelberto)
  • 4 Coretto Viva Ottone (Coro, Iroldo)
  • 5 Cavatina Se protegge amica sorte (Berengario)
  • 6 Aria Vorrei distruggere (Eurice)
  • 7 Coro, scena e cavatina O ritiro che soggiorno - Occhi miei, piangeste assai (Adelaide)
  • 8 Duetto Mi dai corona e vita (Adelaide, Ottone)
  • 9 Finale primo Schiudi le porte al tempio (Coro, Adelberto, Berengario, Ottone, Adelaide, Ernesto)

Acto 2

  • 10 Introduzione Come l'aquila che piomba (Coro)
  • 11 Duetto Della tua patria ai voti (Adelberto Adelaide)
  • 12 Aria Sì, sì, mi svena (Eurice)
  • 13 Coro, scena ed Aria Berengario è nel periglio - Grida, o natura, e desta (Adelberto)
  • 14 Quartetto Adelaide! Oh ciel (Ottone, Berengario, Adelberto, Adelaide)
  • 15 Scena ed aria Ah, vanne, addio - Cingi la benda candida (Adelaide)
  • 16 Coro, scena ed aria Serti intrecciar le vergini - Vieni, tuo sposo e amante (Coro, Ottone)

Gravacións

Ano Elenco
(Ottone, Adelaide, Berengario, Adalberto)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[4]
1984 Martine Dupuy,
Mariella Devia,
Armando Caforio,
Aldo Bertolo
Alberto Zedda,
Martina Franca Festival Orchestra e New Cambridge Chorus
(Gravación dunha representación no Martina Franca Festival, o 4 de agosto)
CD de son: Warner Fonit
Cat: 3984 27591
2005 Jennifer Larmore,
Marjella Cullagh,
Mirco Palazzi,
Bruce Ford
Giuliano Carella,
Scottish Chamber Orchestra and Chorus
(Gravación dunha versión de concerto no Usher Hall de Edimburgo, o 19 de agosto)
CD de son: Opera Rara
Cat: ORC 32

Notas

  1. Casaglia (2005)
  2. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  3. Elenco na estrea de Casaglia (2005)
  4. Gravacións de Adelaide di Borgogna en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!