Harry Potter e a Cámara dos Segredos

Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.
Harry Potter e a Cámara dos Segredos
Título orixinalHarry Potter and the Chamber of Secrets
Autor/aJ. K. Rowling
Ilustrador/aCliff Wright
CubertaGalicia Dolores Avedaño[1]
Cliff Wright
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónHarry Potter
Tema(s)mago
Xénero(s)Fantasía
EditorialGalicia Galaxia
Bloomsbury
Data de pub.Galicia novembro de 2002
2 de xuño de 1998
FormatoCapa dura
PáxinasGalicia 288
ISBNISBN 978-84-8288-577-3
Precedido porHarry Potter e a pedra filosofal
Seguido porHarry Potter e o preso de Azkaban
Premios
TraduciónEva Almazán
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter e a Cámara dos Segredos é a segunda novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro continúa a historia de Harry Potter no seu segundo ano na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que aparecen unha serie de mensaxes nas paredes do colexio advertindo de que a Cámara dos Segredos fora aberta e que o herdeiro de Slytherin ía matar a todos aqueles que non proviñesen de familias máxicas. Harry ten unha nova confrontación con Lord Voldemort, que de novo intenta recuperar o seu poder minguado.

O libro saíu á venda o 2 de xullo de 1998 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de novembro de 2002 en Galicia pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. Malia que Rowling declarou que tivera dificultades para rematar o libro, obtivo bos eloxios e premios da crítica e dos lectores, aínda que algúns críticos dixeron que quizais a historia era demasiado aterradora para os máis novos. Outros viron que a identidade persoal era un tema moi presente no libro, que se podía relacionar con temas de racismo a través do trato que reciben os personaxes non-máxicos e non-humanos. A versión cinematográfica, estreada en 2002, converteuse no terceiro filme en superar os 600 millóns de dólares estadounidenses nas salas internacionais.

Sinopse

Introdución

Na primeira novela, o personaxe principal, Harry Potter, fixo fronte ás dificultades de medrar co reto engadido de ser un meigo famoso. Cando Harry era un bebé, Voldemort, o meigo escuro máis poderoso da historia, matara os pais de Harry pero desapareceu misteriosamente despois de intentar asasinar o cativo. Isto foi o que fixo a Harry gañar a súa fama. O neno púxose ao coidado dos seus tíos muggles, Vernon e Petunia.

Harry entra no mundo máxico con once anos, e ingresa na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Fai amizade con Ron Weasley e Hermione Granger e ten unha confrontación con Lord Voldemort, que intenta recuperar o seu poder.

Resumo

Logo do comezo do segundo ano de Harry en Hogwarts, aparecen mensaxes escritas nas paredes dos corredores dicindo que a mítica Cámara dos Segredos fora reaberta e que o herdeiro de Slytherin mataría todos os alumnos cuxos pais fosen muggles. Ao longo dos meses seguintes, varios nenos da escola aparecen petrificados na escola. Entrementres, Harry, Ron e Hermione descobren a Myrtle a Choricas, a pantasma dunha nena asasinada a última vez que a Cámara fora aberta que vive no baño onde morreu. Myrtle móstralle a Harry un diario propiedade de Tom Morlov Riddle. Malia que as páxinas están en branco, o diario responde cando Harry escribe nel. O libro ensínalle Hogwarts cincuenta anos atrás, onde ve a Tom Riddle botarlle as culpas a Rubeus Hagrid, que tiña trece anos e xa gardaba criaturas perigosas como mascotas, de ter aberto a Cámara.

Catro meses despois róubanlle o diario, e pouco despois Hermione aparece petrificada. Porén, descobren que tiña unha nota que explica que o culpable é un basilisco, unha enorme serpe cuxa mirada mata a todo aquel que dirixa a vista directamente aos seus ollos, pero tan só petrifica aos que ven o seu reflexo. Hermione conclúe que o monstro viaxa a través das tubaxes da escola e emerxe a través do baño que habita Myrtle. Por outra banda, debido aos ataques continuados, Cornelius Fudge, Ministro de Maxia, leva preso a Hagrid ao cárcere de Azkaban como precaución. Lucius Malfoy, pai de Draco e antigo aliado de Voldemort que insiste en estar reformado, anuncia que Dumbledore foi suspendido do seu cargo de director.

Despois de que a irmá máis nova de Ron, Ginny, sexa levada á Cámara, os profesores insisten en que o profesor de Defensa contra a Maxia Negra, Gilderoy Lockhart, se faga cargo da situación. Non obstante, cando Harry e Ron van á súa oficina a contarlle as súas descubertas sobre o basilisco, Lockhart revela que é unha fraude que levou o creto dos logros doutros e intenta borrar a memoria dos nenos. Tras desarmar a Lockhart, acoden con el ata o baño onde se atopa Myrtle, onde Harry abre a pasaxe cara á Cámara dos Segredos. Nos sumidoiros de debaixo da escola, Lockhart quita a variña a Ron e intenta borrarlles a memoria de novo, pero debido a que a variña estaba danada, o esconxuro diríxese ao propio Lockhart, causándolle amnesia e derrubando parte do túnel, o que provoca a separación de Harry con Ron e Lockhart.

Mentres Ron intenta abrir paso entre os cascallos, Harry entra na Cámara dos Segredos, onde Ginny está tombada ao carón do diario. Harry vai onda ela e aparece Tom Riddle, cun aspecto igual ao que tiña cincuenta anos antes, e explica que é un recordo almacenado no diario. Ginny escribira nel sobre as súas esperanzas e medos, e Riddle gañara a súa confianza co fin de empregala para que abrise a Cámara. Riddle tamén revela que el é Voldemort de novo. Cando Ginny se decatou de que ela era a responsable dos ataques, intentou desbotar o diario; logo foi parar a Harry. Despois de contarllo, Riddle libera o basilisco para que mate a Harry. Entón o fénix que Dumbledore ten por mascota, Fawkes, trae unha espada envolvida no Sombreiro Escolledor. Harry emprega a espada para matar o basilisco, pero non antes de levar unha trabadela dun dos cabeiros velenosos da criatura, que se desprende. Mentres Riddle fala co Harry agonizante, Fawkes chora na ferida de Harry para curalo. Harry espeta o cairo roto no diario e Riddle esvaece. Ginny revive e volven ata onde está Ron, que aínda está co amnésico Lockhart. Fawkes lévaos aos catro fóra dos túneles.

Harry nárralle a historia a Dumbledore, xa restablecido como director, e cando menciona os seus medos por atopar semellanzas entre el e Tom Riddle, Dumbledore dille que Harry elixira a casa Gryffindor e que só un membro verdadeiro desa casa podería ter usado a espada de Godric Gryffindor para matar o basilisco. Lucius Malfoy irrompe no despacho e Harry acúsao de meter o diario entre os libros de Ginny cando mercaban o resto de manuais. Finalmente, as vítimas petrificadas do basilisco cúranse mediante unha apócema.

Desenvolvemento

Rowling tivo dificultades para rematar Harry Potter e a Cámara dos Segredos porque tiña medo de que non cumprise as expectativas alcanzadas despois de Harry Potter e a pedra filosofal. Despois de entregar o manuscrito a Bloomsbury, levouno de volta e revisouno durante seis semanas[2].

Nos primeiros bosquexos do libro, a pantasma de Nick Case Decapitado cantaba unha canción composta por el que explicaba a súa condición e as circunstancias da súa morte. Esta parte foi suprimida por petición do editor, pero publicouse como material extra na páxina web de J. K. Rowling[3]. A historia da familia de Dean Thomas foi tamén eliminada porque Rowling e os editores considerárona unha "digresión innecesaria", á vez que considerou dunha "maior importancia para a trama central" a viaxe de descubrimento de Neville Longbottom[4].

Filme

A versión cinematográfica de Harry Potter e a Cámara dos Segredos estreouse en 2002[5]. Chris Columbus dirixiu o filme[6] e o guión foi escrito por Steve Kloves. Converteuse na terceira película en superar os 600 millóns de dólares estadounidenses nas salas internacionais, precedida por Titanic (1997) e Harry Potter e a pedra filosofal (2001)[7]. O filme foi nomeado a un Saturn Award como mellor filme de fantasía[7], pero gañou O Señor dos Aneis: As Dúas Torres[8]. A versión cinematográfica d’a Cámara dos Segredos recibiu críticas xeralmente positivas, tanto de Metacritic[9] como de Rotten Tomatoes[6].

Notas

  1. Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
  2. Sexton, Colleen (2007). "Pottermania". En Twenty-First Century Books. J. K. Rowling. pp. 77–78. ISBN 0-8225-7949-9. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  3. Rowling, J.K. (2009). "Nearly Headless Nick". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  4. Rowling, J.K. (2009). "Dean Thomas's background (Chamber of Secrets)". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  5. Schwarzbaum, Lisa (13 de novembro de 2002). Entertainment Weekly, ed. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2009. Consultado o 8 de agosto de 2009. 
  6. 6,0 6,1 IGN Entertainment, Inc (ed.). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002) - Rotten Tomatoes". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2010. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  7. 7,0 7,1 "SF Site - News: 25 March 2003". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2008. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  8. Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films, ed. (2006). "Past Saturn Awards". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2014. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  9. Metacritic (ed.). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002): Reviews". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

2012 American filmWonder Women! The Untold Story of American SuperheroinesDirected byKristy Guevara-FlanaganProduced byKelcey EdwardsCinematographyGabriel MillerMusic byJimmy LavalleDistributed byPhase 4 FilmsRelease date March 10, 2012 (2012-03-10) Running time79 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglish Wonder Women! The Untold Story of American Superheroines is a 2012 documentary film exploring the concept of heroic women from the birth of the superhero in the 1940s to the ...

 

Грузинская железная дорогагруз. საქართველოს რკინიგზა Годы работы С 1992 Страна  Грузия Город управления Тбилиси Состояние действующая Протяжённость 3320 км (развёрнутая длина) Сайт railway.ge Карта  Медиафайлы на Викискладе Грузи́нская желе́зная доро́га (груз. ს

 

У этого топонима есть и другие значения, см. Журавка. ХуторЖуравка 48°18′57″ с. ш. 42°18′26″ в. д.HGЯO Страна  Россия Субъект Федерации Волгоградская область Муниципальный район Чернышковский Сельское поселение Верхнегнутовское История и география Часовой пояс UT...

Coordenadas: 45° 4' N 0° 33' O Samonac   Comuna francesa    Localização SamonacLocalização de Samonac na França Coordenadas 45° 4' N 0° 33' O País  França Região Nova Aquitânia Departamento Gironda Características geográficas Área total 3,92 km² População total (2018) [1] 431 hab. Densidade 109,9 hab./km² Código Postal 33710 Código INSEE 33500 Samonac é uma comuna francesa na região administrativa da Nova Aquitân...

 

Chinese TV series or program Ping PongTraditional Chinese榮耀乒乓Simplified Chinese荣耀乒乓Hanyu PinyinRóngyào Pīngpāng GenreSportsSlice-of-lifeWritten byLi JiaDirected byLi JiaStarringBai JingtingXu WeizhouCountry of originChinaOriginal languageMandarinNo. of episodes44ProductionExecutive producersDai YingAn RongProduction companiesiQiyiDream MediaGive Me FiveOriginal releaseNetworkiQiyiReleaseMarch 9, 2021 (2021-03-09) Ping Pong (Chinese: 荣耀乒...

 

Penguin raja Penguin raja di Teluk Fortuna, Georgia Selatan Status konservasi Risiko Rendah (IUCN 3.1)[1] Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Chordata Kelas: Aves Ordo: Sphenisciformes Famili: Spheniscidae Genus: Aptenodytes Spesies: A. patagonicus Nama binomial Aptenodytes patagonicusMiller,JF, 1778 Red: Aptenodytes patagonicus patagonicus Yellow: Aptenodytes patagonicus halli Green: breeding areas Penguin raja (Aptenodytes patagonicus) adalah spesies penguin terbe...

У Вікіпедії є статті про інших людей із прізвищем Верьовка. Верьовка Григорій Гурійович Народився 13 (25) грудня 189513(25) грудня 1895 Березна, Менська волость, Чернігівська губернія, УкраїнаПомер 21 жовтня 1964(1964-10-21) (68 років)КиївПоховання Байкове кладовищеКраїна  Російська ім...

 

Acer laxiflorum Біологічна класифікація Царство: Рослини (Plantae) Клада: Судинні рослини (Tracheophyta) Клада: Покритонасінні (Angiosperms) Клада: Евдикоти (Eudicots) Клада: Розиди (Rosids) Порядок: Сапіндоцвіті (Sapindales) Родина: Сапіндові (Sapindaceae) Рід: Клен (Acer) Вид: A. laxiflorum Біноміальна назва Acer laxiflorumPax, 19...

 

American multicultural collegiate fraternity This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) A major contributor to this article appears to have a close connection with its subject. It may require cleanup to comply with Wikipedia's content policies, particularly neutral point of view. Please discuss further on the talk page. (October 2019) (Learn how and when to remove this template messa...

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article contains content that is written like an advertisement. Please help improve it by removing promotional content and inappropriate external links, and by adding encyclopedic content written from a neutral point of view. (March 2017) (Learn how and when to remove this template message) This article needs additional citations for ve...

 

Geographical features of Kenya Geography of KenyaContinentAfricaRegionEast AfricaCoordinates1°00′N 38°00′E / 1.000°N 38.000°E / 1.000; 38.000AreaRanked 48th • Total580,367 km2 (224,081 sq mi) • Land98.07% • Water1.93%Coastline490 km (300 mi)Borders3,446 km (2,141 mi)Highest pointMount Kenya 5,197 metres (17,051 ft)Lowest pointIndian Ocean 0 metres (0 ft)Longest riverTana River (Ken...

 

European airliner family For other uses, see A320 (disambiguation). For the series currently in production, see Airbus A320neo family. A320 familyA318/A319/A320/A321 A Jetstar A320 in flight: a low-wing airliner with twin underwing turbofans Role Narrow-body jet airlinerType of aircraft National origin Multi-national[a] Manufacturer Airbus First flight 22 February 1987 Introduction 18 April 1988 with Air France[1] Status In service Primary users American Airlines[b ...

American writer and TV producer (born 1948) George R. R. MartinMartin in 2017BornGeorge Raymond Martin (1948-09-20) September 20, 1948 (age 75)Bayonne, New Jersey, U.S.OccupationNovelistscreenwritershort-story writerEducationNorthwestern University (BS, MS)GenreFantasyhorrorscience fictionNotable worksA Song of Ice and FireWild Cards anthology seriesThe Thousand World storiesSpouses Gale Burnick ​ ​(m. 1975; div. 1979)​ Parris McBride &...

 

Low explosive pyrotechnic devices for entertainment Firework redirects here. For the song by Katy Perry, see Firework (song). For other uses, see Fireworks (disambiguation). FireworksFireworks over Sydney Harbour on New Year's Eve 2006–2007Bastille Day fireworks (2013) over Paris, traditionally accompanied by a musical show that starts with La MarseillaiseA fireworks display on Taipei 101, Taiwan, which in 2005 held the world's first fireworks display on a supertall skyscraperExtra Large Wi...

 

Protein-coding gene in the species Homo sapiens NDEL1Available structuresPDBOrtholog search: PDBe RCSB List of PDB id codes2V66IdentifiersAliasesNDEL1, EOPA, MITAP1, NDE1L1, NDE2, NUDEL, nudE neurodevelopment protein 1 like 1External IDsOMIM: 607538 MGI: 1932915 HomoloGene: 32567 GeneCards: NDEL1 Gene location (Human)Chr.Chromosome 17 (human)[1]Band17p13.1Start8,413,131 bp[1]End8,490,411 bp[1]Gene location (Mouse)Chr.Chromosome 11 (mouse)[2]Band11|11 B3Sta...

American professional basketball player Not to be confused with Jaylen Smith, Jaylon Smith, or Jaden Smith. Jalen SmithSmith with Indiana Pacers in 2022No. 25 – Indiana PacersPositionCenter / power forwardLeagueNBAPersonal informationBorn (2000-03-16) March 16, 2000 (age 23)Portsmouth, Virginia, U.S.Listed height6 ft 9 in (2.06 m)Listed weight215 lb (98 kg)Career informationHigh schoolMount Saint Joseph(Baltimore, Maryland)CollegeMaryland (2018–2020)N...

 

Piketberg CommandoPiketberg Commando emblemDisbandedFebruary 14, 2003 (20 years ago) (2003-02-14)Country South AfricaAllegiance  Republic of South Africa  Republic of South Africa Branch  South African Army  South African Army TypeInfantryRoleLight InfantrySizeOne BattalionPart ofSouth African Infantry CorpsArmy Territorial ReserveGarrison/HQPiketbergMilitary unit Piketberg Commando was a light infantry regiment of the South African Army. It formed ...

 

American college football team Wisconsin Badgers football2023 Wisconsin Badgers football team First season1889; 134 years agoAthletic directorChris McIntoshHead coachLuke Fickell 1st season, 8–5 (.615)StadiumCamp Randall Stadium(capacity: 80,321)Field surfaceField TurfLocationMadison, WisconsinConferenceBig Ten ConferenceDivisionWestAll-time record742–517–53 (.586)Bowl record19–15 (.559)Unclaimed national titles1 (1942)Conference titles14 (1896, 1897, 1901, 1906,...

Indian chemist Darshan RanganathanBorn(1941-06-04)4 June 1941Died4 June 2001(2001-06-04) (aged 60)NationalityIndianAlma materDelhi UniversityKnown forATP-imidazole cycle, urea cycle, designing protein tertiary structureSpouseSubramania RanganathanChildrenAnand RanganathanAwardsFellow of the Indian Academy of Sciences; TWAS Prize in Chemistry, 1999;[1] Senior Research Scholarship of the Royal Commission for the Exhibition of 1851, A.V. Rama Rao Foundation Award, Jawaharl...

 

Proverbs 15← chapter 14chapter 16 →The whole Book of Proverbs in the Leningrad Codex (1008 C.E.) from an old fascimile edition.BookBook of ProverbsCategoryKetuvimChristian Bible partOld TestamentOrder in the Christian part21 Proverbs 15 is the fifteenth chapter of the Book of Proverbs in the Hebrew Bible or the Old Testament of the Christian Bible.[1][2] The book is a compilation of several wisdom literature collections, with the heading in 1:1 may be intended to...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!