Harry Potter e a Orde do Fénix (en inglés: Harry Potter and the Order of the Phoenix) é un filme de fantasía e drama[2] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o quinto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Michael Goldenberg e producido por David Heyman e David Barron. A historia céntrase no quinto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que o Ministerio de Maxia rexeita a idea do regreso de Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Ralph Fiennes, Michael Gambon, Imelda Staunton, Gary Oldman e Helena Bonham Carter.
O filme tivo a súa estrea nos Estados Unidos o 11 de xullo de 2007 e no Reino Unido e o 12 de xullo de 2007. Foi a primeira película de Harry Potter en proxectarse en cines IMAX 3D, aínda que tamén se estreou en salas convencionais e con IMAX. A recadación nas salas internacionais ascende a 938,2 millóns de dólares estadounidenses.[1]
Sinopse
O quinto ano de Harry comeza sufrindo un ataque de Dementores en Little Whinging. Máis tarde, descobre que o Ministerio de Maxia nega o regreso de Lord Voldemort; asemade Harry comeza a sufrir continuos pesadelos. Pola súa banda, o Ministerio sitúa a Dolores Umbridge como nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra para controlar a Albus Dumbledore. Así comeza unha loita que enfronta a un grupo de estudantes da escola (o Exército de Dumbledore) e a Orde do Fénix contra o Ministerio de Maxia e os Devoradores da Morte.
Elenco
- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Helena Bonham Carter como Bellatrix Lestrange, unha das Devoradoras da Morte máis leais a Lord Voldemort.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e membro da Orde do Fénix.
- Warwick Davis como Filius Flitwick, o profesor de Esconxuros en Hogwarts e xefe da Casa Ravenclaw.
- Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca conquistar o mundo máxico.
- Michael Gambon como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts.
- Brendan Gleeson como Ollotolo Moody, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Richard Griffiths como Vernon Dursley, tío muggle de Harry.
- Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos Devoradores da Morte.
- Gary Oldman como Sirius Black, padriño de Harry e membro da Orde do Fénix.
- Alan Rickman como Severus Snape, profesor de Apócemas de Hogwarts e membro da Orde do Fénix.
- Fiona Shaw como Petunia Dursley, tía muggle de Harry.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e membro da Orde do Fénix.
- Imelda Staunton como Dolores Umbridge, a nova profesora de Defensa contra a Maxia Negra e espía do Ministerio de Maxia en Hogwarts.
- David Thewlis como Remus Lupin, antigo profesor de Defensa contra a Maxia Negra e membro da Orde do Fénix.
- Emma Thompson como Sybill Trelawney, a profesora de Adiviñación de Hogwarts.
- Julie Walters como Molly Weasley, a matriarca dos Weasley e figura maternal para Harry.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Produción
A gravación do filme realizouse entre febreiro e novembro de 2006 en Inglaterra e Escocia para as escenas exteriores e nos Leavesden Film Studios en Watford para as tomas interiores. A posprodución da película continuou durante varios meses para engadir os efectos visuais.
Banda sonora
Harry Potter e a Orde do Fénix |
---|
Banda sonora de Nicholas Hooper |
---|
10 de xullo de 2007 |
Estudio de gravación | Abbey Road Studios |
---|
Duración | 52:22 |
---|
Xénero | Banda sonora |
---|
Selo discográfico | Warner/Sunset |
---|
Cronoloxía |
---|
|
A banda sonora de Harry Potter e a Orde do Fénix lanzouse ao mercado o 10 de xullo de 2007. Desta volta, Nicholas Hooper foi o encargado de compoñer as pezas musicais, despois de que John Williams o fixera nas tres primeiras entregas da saga e Patrick Doyle na cuarta.
As pezas "Another Story", "The Hall of Prophecies", "The Room of Requirement" e "A Journey to Hogwarts" conteñen partes de "Hedwig's Theme", escrita por John Williams. Ademais, Alexandre Desplat empregou "The Kiss" máis adiante na súa peza "A New Beginning" para a banda sonora de Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte).
- Lista de pistas
- "Fireworks" – 1:49
- "Professor Umbridge" – 2:35
- "Another Story" – 2:41
- "Dementors in the Underpass" – 1:45
- "Dumbledore's Army" – 2:42
- "Hall of Prophecy" – 4:27
- "Possession" – 3:20
- "The Room of Requirement" – 6:09
- "The Kiss" – 1:56
- "A Journey to Hogwarts" – 2:54
- "The Sirius Deception" – 2:36
- "Death of Sirius" – 3:58
- "Umbridge Spoils a Beautiful Morning" – 2:39
- "Darkness Takes Over" – 2:58
- "The Ministry of Magic" – 2:48
- "The Sacking of Trelawney" – 2:15
- "Flight of the Order of the Phoenix" – 1:34
- "Loved Ones and Leaving" – 3:15
- "Divine Crusade" – 2:43 (tema do tráiler de X-Ray Dog)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas