Harold Brent Wallis, nado en Chicago (Illinois) o 14 de setembro de 1898 e finado en Rancho Mirage (California) o 5 de outubro de 1986, foi un produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria
Nado en Chicago, a súa familia mudouse en 1922 aos Ánxeles, onde atopou traballo no departamento de publicidade de Warner Bros. en 1923. Tras poucos anos, Wallis encargábase de tarefas de produción, converténdose en xefe de produción de Warner. Durante os seus cincuenta anos de carreira interveu na realización de máis de 400 longametraxes, entre as que destacou Casablanca.
Wallis deixou Warner Bros. en 1944 tras xurdir diferenzas con Jack Warner sobre a aceptación do Óscar ao mellor filme para Casablanca. A partir de entón traballou como produtor independente, gozando dun éxito considerable, tanto dende o punto de vista comercial como artístico. Entre os seus éxitos financeiros figuran as comedias de Dean Martin e Jerry Lewis, así como varios filmes de Elvis Presley. Ademais, produciu Valor de lei, polo que John Wayne gañou o Óscar ao mellor actor en 1969.
Wallis casou en dúas ocasións, coas actrices Louise Fazenda (1927–1962) e Martha Hyer (1966–1986).
Faleceu en 1986 en Rancho Mirage, a causa dun paro cardíaco aos 88 anos de idade. Foi enterrado nunha cripta no Gran Mausoleo do cemiterio Forest Lawn Memorial Park de Glendale, California.
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas