Valor da lei (título orixinal en inglés True Grit ) é unha película estadounidense dirixida por Henry Hathaway e estreada en 1969. A película estaba baseada no guión adaptado da novela homónima de Charles Portis, publicada en 1968.
Un antigo alguacil axuda unha moza a buscar os asasinos do seu pai. Ela, Mattie Ross, é unha moza altiva e de natureza resolta que presenta un aspecto indomábel, traballaba como contadora no rancho de seu pai. É por iso que, cando o seu pai marcha a Fort Smith para mercar cabalos e foi roubado e brutalmente asasinado polo seu capataz, Tom Chaney, a rapaza xura vingarse.
Tras enganar o coronel G. Stonehill, para pór en orde as finanzas do seu pai, Mattie contratou un antigo comisario, agora xubilado, Rooster Cogburn, un home torto e borrachón para axudala a atrapar a Chaney. Outro axente da lei, un Ranger de Texas chamado "La Boeuf", únese a eles na procura do criminal, pois tamén o quere capturar para cobrar unha recompensa por outro asasinato. Os dous homes senten unha aversión mutua entre eles, e comezan a cruzar insultos e discrepan sobre a estratexia a seguir pero Mattie conseguiu facer que colaborasen.