Nacido Tafari Makonnen, Haile Selassie era fillo do rasMakonnen Woldemikael Gudessa, gobernador de Harar, e da Weyziro (Dama) Yeshimebet Ali Abajifar. Descendía da casa imperial a través da súa avoa paterna, a princesa Tenagnework Sahle Selassie, tía do emperador Menelik II. Entre os etiopíes coñeceuse como Janhoy, Talaqu Meri e Abba Tekel.
Os rastas comezárono a adorar desde os anos trinta, ou sexa, pouco tempo despois da súa coroación, e orixinalmente só na illa caribeña de Xamaica. O 21 de abril de 1966 visitouna e foi recibido por miles de rastas. O famoso músico Bob Marley predicouno como Deus, traendo esta teoría da súa divindade a unha maior audiencia ata a súa morte en 1981. Desde entón o movemento Rastafari continúa crecendo lentamente e é ben coñecido en case todo o mundo. Estímase que hai un millón de rastas no mundo.