Corazón Aquino |
Nome orixinal | (es) María Corazón Sumulong Cojuangco |
---|
|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1933 Paniqui, Filipinas (pt) |
---|
Morte | 1 de agosto de 2009 (76 anos) Makati, Filipinas (pt) |
---|
Causa da morte | cancro colorrectal |
---|
Lugar de sepultura | Manila Memorial Park Sucat (en) |
---|
|
11ª Presidenta de Filipinas |
---|
25 de febreiro de 1986 – 30 de xuño de 1992 ← Ferdinand E. E. Marcos – Fidel Valdez Ramos → |
|
|
Relixión | Igrexa católica |
---|
Educación | St. Scholastica's College (pt) Far Eastern University (en) College of Mount Saint Vincent (en) Ateneo de Manila University (en) |
---|
Lateralidade | destro |
---|
Cor dos ollos | Marrón claro |
---|
Cor do pelo | Pelo negro |
---|
|
Ocupación | política, Activista polos dereitos humanos |
---|
Partido político | Liberal Party of the Philippines (en) |
---|
|
Cónxuxe | Ninoy Aquino |
---|
Fillos | Ballsy Aquino-Cruz, Pinky Aquino-Abellada, Benigno Aquino III, Viel Aquino-Dee, Kris Aquino |
---|
Pais | José Cojuangco e Demetria Sumulong |
---|
Irmáns | Josephine C. Reyes Jose Cojuangco, Jr. |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) , (sec:Aquino, Corazon (b. 1933)) Southeast Asian Personalities of Chinese Descent (en) Encyclopedia of Catholic Social Thought, Social Science, and Social Policy (en) , (sec:Aquino, Corazon C) |
---|
Sitio web | coryaquino.ph |
---|
|
María Corazón Sumulong Cojuangco-Aquino, nada en Paniqui o 25 de xaneiro de 1933 e finada en Makati o 1 de agosto de 2009, foi unha política filipina, que foi presidenta de Filipinas entre 1986 e 1992, despois da caída do ditador Ferdinand Marcos.
Foi unha das primeiras mulleres de Asia en ocupar a máxima representación do seu Estado ou goberno, logo de Golda Meir e Indira Gāndhi. Casada co popular senador da oposición Ninoy Aquino, cando este foi asasinado no daquela chamado Aeroporto Internacional de Manila ó regresar do exilio o 21 de agosto de 1983, "Cory" converteuse no núcleo da oposición ao goberno autocrático do Presidente Ferdinand Marcos.
Traxectoria
Corazón Cojuañgco naceu en Manila nunha das familias máis adiñeiradas en Filipinas, os poderosos Cojuañgcos da provincia de Tarlac. A familia da súa nai, os Sumulongs, tamén pertencían a unha familia política da provincia de Rizal.
Medrou dentro dunha familia privilexiada, sendo enviada ó estranxeiro para estudar na Ravenhill Academy de Filadelfia, no Notre Dame Convent School de Nova York e no College of Mount Saint Vincent, tamén de Nova York. Estudou matemáticas e graduouse cun título en francés en 1953.
Regresou a Filipinas para estudar Dereito na Far Eastern University, pero en 1955 casou con Benigno Aquino, que acababa de ser elixido alcalde de Concepción na provincia de Tarlac á idade de 22 anos. Tiveron cinco fillos: un fillo, Benigno III (posteriormente elixido Presidente de Filipinas), e catro fillas, María Elena, Aurora Corazón, Victoria Eliza e Kristina Bernadette. Benigno Aquino foi elixido gobernador e senador, pero foi arrestado, sentenciado a morte e exiliado polo réxime de Marcos. Corazón acompañouno no exilio en 1980. Benigno foi asasinado o 21 de agosto de 1983 á súa chegada dende un exilio de 3 anos nos Estados Unidos no mesmo asfalto do Aeroporto Internacional de Manila, que foi posteriormente renomeado na súa honra. Trala súa morte, ela entrou en política como xefa da coalición Laban.
Foi tamén a primeira filipina nomeada para o Premio Nobel da Paz despois de liderar a revolución pacífica EDSA durante a época de Marcos.
Persoa do ano segundo a revista Time |
---|
| |
|
|
|
|