Håkan Olof Casares Berg, nado en Halmstad, Suecia, en 1974, é un lingüista galego.
Traxectoria
Primeiro fillo do ourensán Carlos Casares Mouriño e a sueca Kristina Berg, é doutor en Filoloxía pola Universidade de Vigo e Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela[1], membro vitalicio e administrador do padroado da Fundación Carlos Casares[2] e vogal do consello de administración da Editorial Galaxia.[3] É membro do consello de redacción da revista Estudios de Sociolingüística e coordinador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.[4] Traballou no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega[5] e foi colaborador externo do Instituto da Lingua Galega.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas