Gutiérrez limita polo norte cos concellos de Une e Fosca; polo leste co concello de Guayabetal; polo sur occidente coa parte rural do distrito Capital de Bogotá, correspondente á localidade do Sumapaz, (que serve de ponte co concello de Cabrera) e polo sueste co departamento de Meta.
Historia
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Gutiérrez estivo habitado polos guapis, búchipas ou macos da Confederación Muisca. En 1539 chegaron Nicolás de Federmán e o seu capitán Pedro de Limpias ó territorio denominado Chuntiva polos muiscas. En 1816 foi fundado o actual concello por Ignacio Gutiérrez Vergara. É na súa honra que o concello leva o seu primeiro apelido.