O Gran Premio da Cidade de México de 2021 (oficialmente coñecido como Formula 1 Gran Premio de la Ciudad de México 2021) foi unha carreira de motor de Fórmula Un que se disputou o 7 de novembro de 2021 no Autódromo Hermanos Rodríguez na Cidade de México. A carreira foi a décimo novena carreira do Gran Premio de México, e a vixésima primeira vez que a carreira disputouse como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950, aínda que é a primeira carreira nomeada como Gran Premio da Cidade de México.[1]
Antecedentes
É a primeira edición do Gran Premio de México con este nome despois de denominarse «Gran Premio de México» durante cinco anos. [1]
Pneumáticos dispoñibles
Pneumáticos dispoñibles para México
Pneumáticos para pista seca
Pneumáticos para chuvia
Duros (Tipo C2)
Medios (Tipo C3)
Brandos (Tipo C4)
Intermedios
Chuvia
Cualificación
A fin de semana tivo tres sesións de práctica, as dúas primeiras o 5 de novembro ás 11:30 e ás 15:00 hora local respectivamente (UTC−06:00), sendo a última sesión de prácticas a que comezou ás 11:00:00 do 6 de novembro. As tres sesións de práctica duraron unha hora.[2] A primeira sesión de prácticas comezou ás 11:30 hora local (UTC−06:00) o 5 de novembro, e rematou con Valtteri Bottas o máis rápido no Mercedes, por diante do seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton e do piloto de Red BullMax Verstappen.[3] A segunda sesión de adestramentos comezou ás 15:00 hora local, tamén o 5 de novembro , e rematou con Verstappen como o máis rápido por diante de Bottas e Hamilton.[4]
A cualificación comezou as 14:00 hora local do 6 de novembro.
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
↑ 1,01,1Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.