Na mitoloxía nórdica, Gná é unha Ásynja que fai os recados nos outros mundos para a deusa Frigg montada no cabalo mariño voador Hófvarpnir, (Antigo nórdico "aquel que xoga sobre os seus cascos". Gná e Hófvarpnir aparecen na Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Hófvarpnir, Gullfaxi e o cabalo de oito patas Sleipnir, son os mellores exemplos de cabalos transcendentes na mitoloxía nórdica.