Gladys Maria Knight, nada o 28 de maio de 1944 en Atlanta, Xeorxia, é unha cantante estadounidense coñecida como a "Emperatriz do Soul".[1][2] Gañadora de sete Premios Grammy,[3] é coñecida polos éxitos que gravou durante as décadas de 1960 e 1970 para os selos Motown e Buddah Records. Tivo o seu propio grupo, Gladys Knight & the Pips, no que tamén estaba o seu irmán Merald "Bubba" Knight e os seus curmáns Edward Patten e William Guest.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas