O seu interese pola arte fixo que quixese estudar pintura, o cal foille permitido pola súa familia coa condición de que estudase medicina.[1] Bazille comezou os seus estudos de medicina en 1859, mudándose a París en 1862 para que poidese continua-los seus estudos. En París comezou a asistir a clases de pintura no obradoiro de Charles Gleyre e coñeceu a Pierre-Auguste Renoir, pintor impresionista, quen, xunto a Claude Monet, Alfred Sisley e Édouard Manet introducírono no mundo da pintura.[1]
A súa grande amizade con Renoir e Monet fixo que Bazille os axudase en moitas ocasións, permitíndolles pintar nos seus obradoiros, empregar os seus materiais e chegando a pagar polas súas obras (En 1867 pagou 2.500 francos por Mulleres nun xardín de Monet[2]). Despois de suspender o seu exame de medicina, decidiu abandonar a carreira en 1864, pasando a pintar a tempo completo.
As súas pinturas máis coñecidas son La Robe rose (O vestido rosa) (1864), pintado cando o autor contaba só con 23 anos, e Réunion de famille (Reunión de familia) (1867).[3]