Flanagan, só Flanagan é un libro escrito de Andreu Martín e Jaume Ribera, publicado no ano 2000. É o oitavo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
A historia comeza un xoves de xuño. A véspera do exame final de matemáticas, Flanagan está a enterrar un gato. Ó día seguinte Mateo ameázao con darlle unha tunda, pero á tarde chámao Nines e pasa a fin de semana fóra do barrio. Nines séntese mal e chámao para falar, pero acaban bicándose nun parque, e tras un diálogo confuso, Flanagan vai durmir á estación de trens.
Cando volve o luns a clase, resulta que Mateo está desaparecido, acusado de atracar unha gasoliñeira. O policía do barrio pídelle axuda, e, tras salvarlle a vida, Flanagan e Nines esconden a Mateo nun piso do pai dela.
A semana discorre con leas amorosos a dúas bandas. Flanagan dubida dos seus sentimentos cara a Nines, e á vez comparte algún bico con Eva, a moza de Mateo. Mateo intenta seducir a Nines, mais esta rexéitao, aínda que deixa a Flanagan coa dúbida de se pasou algo entre eles.
Finalmente descóbrese que tralo asunto do atraco á gasoliñeira se escondía un político pederasta con moito que ocultar, e que o pai de Mateo tiña tamén moito que esconder.
Narración
De novo todo sae a pedir de boca para Flanagan. Os dous casos resoltos. Bastante acción e mesmo varios accidentes perigosos. Logo de que en abril Blanca Online mudara de barrio e deixaran a relación, Flanagan non quere volver á vida de parella, pero acaba caendo, e o relato abre as portas á unha futura relación con Nines.
Tradución ao galego
Logo de traduciren Xavier Rodríguez Baixeras e María Dolores Martínez Torres dous libros da saga cada un, este é o primeiro que traduce Carmen Torres París. Dálle un estilo moi persoal, traducindo tamén os nomes (Branca e Xan no canto de Blanca e Juan que empregaran os anteriores), e empregando expresións e xiros propios do galego, así como adaptando a situación á cultura galega (como Flanagan cantando unha pandeirada).
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha[Ligazón morta] na web da editorial.