Eu tampouco me chamo Flanagan é un libro escrito no 2006 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o undécimo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
A trama comeza o venres 20 de xuño, cando rematan os exames de 2º de bacharelato. O pai de Flanagan quere que bote unha man no bar, e o detective Oriol Lahoz o contrata para que o axude a atopar a Alí, un neno magrebí do barrio que desapareceu. Remata compracendo os dous, servindo cafés e atopando a Alí.
Ademais, vese enganado de novo polos amigos de Nines, o que unido á falta de diálogo con ela, créalle novos problemas sentimentais. Tamén aparece de novo en escena o seu amigo Charche, coa súa relación con Vanesa, onde o conselleiro sentimental Flanagan volve xogar un importante papel para desta volta resolver o secuestro de Charche.
Segue a relación con Nines, malia as turbulencias, e desta volta parece que bastante consolidada. Deixa o futuro aberto a un posible acceso á universidade a estudar criminoloxía.
Narración
Neste libro, ó contrario dos demais da saga, inclúe unha incoherencia, pois di que en O longo adeus, de Raymond Chandler, Philip Marlowe rexeita un billete de 1000 dólares, cando é de 5000 (un retrato de Madison).
Véxase tamén
Ligazóns externas