Flanagan Blues Band é un libro escrito en 1997 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o sexto da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
A trama discorre entre o sábado 4 de abril e o día 13, luns de Pascua. Flanagan coñece a Oriol Lahoz, detective privado. Ós dous días aparece morto o párroco do barrio, e Oriol Lahoz é detido como principal sospeitoso.
Polo medio están unhas xoias, propiedade da familia Garreta, que a vella matriarca da familia quere entregar a un pobre, o Taqui, ó sentirse culpable da súa situación. O seu marido convencera ó pai do pobre, que traballaba para el, para que fixese unha sabotaxe na fábrica, pero enganouno e mandou todo o persoal ó paro. No entanto irá descubrindo que na trama están involucrados un policía e un anticuario con antecedentes.
Noutro caso paralelo, unha muller encargoulle que lle tirase unha foto ó marido para ter probas de que non seguía a dieta. Para logralo conta coa colaboración de Martina, neta da vella Garreta que está namorada de Oriol Lahoz.
A súa relación con Blanca Online vai ben, pero sofre un ataque de celos, do que aprende que non serven para nada.
Para lograr roubar as xoias da caixa forte do anticuario, a Flanagan non se lle ocorre mellor cousa que facer un concerto no mesmo centro comercial. Vanesa, unha compañeira de clase, canta nun grupo, e a eles únense Blanca e Marina como bailarinas e Flanagan como cantante. O único tema que tocará a banda, a Flanagan Blues band, é "Suzie-Q", dos Creedence Clearwater Revival.
Narración
Esta entrega das leas de Flanagan céntrase menos no crime e é máis cómica, sen moita violencia (agás unha batalla campal no concerto). Como ben explican os autores ó principio, introducen elementos experimentais. Así, o primeiro capítulo é o derradeiro por orde cronolóxica. Tamén introducen datos históricos, como a data da Batalla de Lepanto.
Véxase tamén
Ligazóns externas