Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro. A súa primeira película foi Pajarito Gómez (1965), e a súa consagración cinematográfica (o xénero actoral no que tivo máis continuidade) produciuse grazas ao filme El romance del Aniceto y la Francisca. Logo de converterse nun dos actores arxentinos de maior prestixio nacional e internacional, decidiu radicarse en España no ano 2001, irado pola implantación do corralito.
En España participou de importantes realizacións, pero tamén traballou en series de televisión e mesmo foi o protagonista da obra El guía del Hermitage en 2008, logo de 10 anos sen efectuar traballos teatrais. Ademais probou sorte como director, coa película Pasos, de produción española.[1] Tras pasar por varias produtoras, a mesma rodouse en xaneiro/febreiro de 2004 e chegou aos cinemas en xuño de 2005. As actrices Ana Fernández e Susana Hornos alzáronse cos premios a Mellor Actriz no Festival Iberoamericano de Villaverde e a Actriz Revelación no Festival Cinespaña de Tolosa (Francia) respectivamente por esta película.