Falstaff (ópera)
Falstaff é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, que é unha adaptación da obra teatral de William Shakespeare The Merry Wives of Windsor (As alegres comadres de Windsor) e pequenas pasaxes de Henry IV, tamén de Shakespeare. Así, como en Otello, Falstaff presenta un libreto que, ademais de basearse no texto de Shakespeare, respecta e dialoga coas características do dramaturgo inglés. Foi a última ópera de Verdi, escrita cando o compositor xa tiña 77 anos, e a súa segunda ópera cómica das vinte e seis que compuxo. Así como en Macbeth e Otello, esta foi a terceira ópera de Verdi baseada nunha obra de Shakespeare. Foi estreada o 9 de febreiro de 1893 no Teatro alla Scala de Milán cun grande éxito.
Verdi sopesara a posibilidade de escribir unha ópera baseada no Rei Lear, e Arrigo Boito máis tarde tentou interesalo en Antonio e Cleopatra,[4] mais ningún dos proxectos foi levado a termo.
Non acadou a gran popularidade doutras óperas de Verdi que a precederon como Aida e Otello. Falstaff foi admirada polo público e a crítica debido á súa brillante orquestración, ao seu chispeante libreto e á súa refinada invención melódica. Esta ópera está no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.De feito esta ópera aínda se representa con frecuencia por todo o mundo, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 24 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 14.ª en italiano e a sexta de Verdi, logo de La traviata, Rigoletto, Aida, Nabucco e Il trovatore.
Personaxes
Personaxe
|
Tesitura
|
Elenco na estrea, 9 de febreiro de 1893[5] (Director: Edoardo Mascheroni)[6]
|
Sir John Falstaff, cabaleiro obeso
|
Barítono
|
Victor Maurel
|
Mr Ford, cabaleiro rico
|
Barítono
|
Antonio Pini-Corsi
|
Alice Ford, súa dona
|
soprano
|
Emma Zilli
|
Nannetta, súa filla
|
soprano
|
Adelina Stehle
|
Meg Page, dama adiñeirada
|
mezzosoprano
|
Virginia Guerrini
|
Mrs Quickly, amiga de Alice
|
contralto
|
Giuseppina Pasqua
|
Fenton, namorado de Nannetta
|
tenor
|
Edoardo Garbin
|
Dr Cajus, prometido de Nannetta
|
tenor
|
Giovanni Paroli
|
Bardolfo, secuaz de Falstaff
|
tenor
|
Paolo Pelagelli-Rossetti
|
Pistola, secuaz de Falstaff
|
baixo
|
Vittorio Arimondi
|
Pousadeiro
|
personaxe mudo
|
Attilio Pulcini
|
Robin, paxe de Falstaff
|
personaxe mudo
|
Orquestración
Verdi incluíu na orquestra para Falstaff:
- 3 piccolos,
- 2 óboes,
- Corno Inglés,
- 2 clarinetes,
- Clarinete baixo,
- 2 fagots,
- 4 trompas,
- 3 trompetas,
- 3 trombóns,
- Tuba,
- timbais,
- Percusión (Triángulo, Platillos, Bombo),
- Arpa,
- Cordas.
- En escena, guitarra, corno e campás.
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 186–187. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala barítono.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Steen, p. 543
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.
- ↑ Budden, p. 430
Véxase tamén
|
|