Castrelo do Val-Verín, chamado tamén Campobecerros, é un apeadoiro de Adif, situado en Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 175,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 962 metros de altitude,[1] entre as estacións de Vilariño de Conso-A Capela e Laza-Cerdedelo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. Dispón de dúas plataformas laterais ao que acceden dúas vías.
Notas
Véxase tamén
Sistema ferroviario galego |
---|
Empresas | |
---|
Liñas e paradas | | | |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
06-832 Agulla km 545,4 - Bifurcación San Diego | |
---|
| |
---|
| |
---|
| Só mercadorías |
---|
| |
---|
| |
---|
06-842 Bif. Río Sar - Bif. da Grandeira Ag. km 0,729 ( 2015 - actualidade) | |
---|
| |
---|
| |
---|
| |
---|
|
---|
Largo estándar internacional (1435 mm) | | |
---|
| (en proxecto) |
---|
| (en proxecto) |
---|
|
---|
| |
---|
|
---|
Servizos | |
---|