Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Estación da Alberguería-Prado

Estación da Alberguería-Prado

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°08′N 7°31′O / 42.13, -7.51
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloLaza Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria31209 Editar o valor en Wikidata
Número de plataformas2 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenliña Zamora - A Coruña Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónMedia Distancia Renfe Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no límite entre as parroquias do Castro de Laza (Laza) e Prado (Vilar de Barrio), a 2,5 km da aldea de Prado e 4,5 km da Alberguería (Laza), na provincia de Ourense.

Vista da estación.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 194,086 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 767 metros de altitude, entre as estacións de Laza-Cerdedelo e Vilar de Barrio.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar. Está próxima ao túnel de Serra Pequena de 1.876 metros de lonxitude.

Historia

A vontade de unir Madrid con Vigo vía Medina del Campo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña Zamora - A Coruña vía Ourense.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os seus servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de aspecto rústico e parcialmente revestido de pedra. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya