Elvira Alfónsez, infanta de León, nada en setembro de 1103 en Toledo e finada o 6 de febreiro de 1135,[1] foi a primeira raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Roxerio II.
Elvira era filla de Afonso VI de León e de Isabel, a súa cuarta esposa, que algúns autores consideran a mesma persoa que Zaida, mentres que outros discrepan.[2]
Elvira foi criada en Toledo, polo que debía estar acostumada á convivencia entre cristiáns e musulmáns, como a que existía tamén en Sicilia.[2]
Elvira casou co daquela conde de Sicilia Roxerio II de Sicilia en 1117, e converteuse en raíña en 1130 cando o seu esposo se fixo coroar rei.[2]
Froito do matrimonio tiveron cinco fillos e dúas fillas:[2]
En 1135 tanto Roxerio como Elvira enfermaron. A enfermidade era grave e contaxiosa. Roger sobreviviu, pero Elvira non tivo a mesma sorte, e morreu o 6 de febreiro do mesmo ano.[1][3]
Elvira recibiu sepultura na capela real de Santa Magdalena, en Palermo.
Roxerio permanece viúvo durante catorce anos, e só volveu casar cando catro dos seus cinco fillos con Elvira morreran.[3]
En 1149 contraeu matrimonio con Sibila de Borgoña, e en 1151 volveu casar con Beatriz de Rethel.[1]