Elvira Santiso García , nada en Betanzos en 1872 e finada en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1961 ,[ 1] foi unha pintora e mestra galega .
Traxectoria
Moi nova marchou coa súa familia a Compostela, onde viviu ata a súa morte. Formouse na Escola da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago , con profesores como José María Fenollera e Mariano Tito Vázquez . Traballou como mestre particular na sociedade da que fora alumna e fixo traballos por encarga.[ 2]
Algúns dos títulos dos seus cadros son: A ceboleira , Ao carón do lar , Botando un cigarro , Carmeliña , Claustro del Sar , La bordadora , La cena del campanero , Mondando patatas , No muíño , O pé do cruceiro , O tío Xan e Oración .[ 3]
Santiso participou na Exposición de Arte Galega de 1926[ 4]
Fixo exposicións en diferentes certames, en Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol ou Vilagarcía de Arousa, mais tamén fóra do país, en Madrid, Bos Aires ou Montevideo.
Hai obras súas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo [ 5] e no Castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda , Cádiz .
Recoñecementos
No curso 1888-1889 conseguiu unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural.
No curso 1889-1890 logrou outra medalla de prata por unha copia dun xeso.
Obtivo un diploma de colaboración na Exposición Rexional de 1896 , celebrada en Lugo .
En 1906 logrou unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.
Medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909 , celebrada en Santiago de Compostela.
Medalla de Afonso X o Sabio en recoñecemento ao seu labor docente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
FRAGA PÉREZ, Sara (2022). "Elvira Santiso: unha pintora de Betanzos". Anuario Brigantino (45): 337–358. ISSN 1130-7625 .
Ligazóns externas