Duke Paoa Kahinu Mokoe Hulikohola Kahanamoku, nado o 24 de agosto de 1890 e finado o 22 de xaneiro de 1968, foi un nadador hawaiano que é coñecido por popularizar o deporte do surf. Foi medallista olímpico en cinco ocasións na disciplina de natación. Tamén foi actor, avogado, xogador de volei praia e home de negocios.[2]
Traxectoria
Natación
Participou, con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo e alí gañou a medalla de ouro na proba dos 100 metros libres e mais a de prata na de 4x200 metros libros. Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres volveu gañar na proba dos 100 metros libres e ademais tamén en 4x200 metres libres, establecendo unha nova marca mundial. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, a súa última participación olímpica, gañou a medalla de prata nos 100 metros libres.
Wáter-polo
Nos Xogos olímpicos de 1920 participou en wáter-polo, finalizando na sexta posición.
Surf
Ao retirarse da competición activa viaxou por todo o mundo para promocionar o surf, en especial no territorio continental dos Estados Unidos, e mais tamén en Australia, realizando diversas exhibicións deste deporte tradicional de Hawaii.