Diamante

Diamante
Diamante de cor amarela en forma cúbica
Fórmula químicaC
ClaseElementos nativos
Sistema cristalinoCúbico
CorIncolora, branca, amarela, parda, vermella, verde e azul
BrilloAdamantino
Dureza10
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta, segundo as caras do octaedro ou cubo
RaiaBranca
Densidade3,25 g/cm3

En mineraloxía, o diamante[1] (do grego antigo αδάμας, adámas, que significa invencible ou inalterable) é un alótropo do carbono onde os átomos de carbono están dispostos nunha variante da estrutura cristalina cúbica centrada na cara denominada "rede de diamante". É a segunda forma máis estable do carbono, despois do grafito; porén, a taxa de conversión de diamante a grafito é desprezable a condicións ambientais. Ten renome especificamente como un material con características físicas superlativas, moitas das cales derivan do forte enlace covalente entre os seus átomos. En particular, o diamante ten a máis alta dureza e condutividade térmica de todos os materiaiss coñecidos polo ser humano. Estas propiedades determinan que a súa aplicación industrial principal sexa en ferramentas de corte e de puído, ademais doutras aplicacións. Tamén son a razón pola que as células de bigonia de diamante poden someter materiais a presións que se atopan nas profundidades da terra.

É un dos minerais máis preciados do mundo polas súas características físicas. Ten características ópticas destacables. Debido á súa estrutura cristalina extremadamente ríxida, apenas é contaminado por poucos tipos de impurezas, como o boro e o nitróxeno. Se a isto se lle engade a súa gran transparencia (correspondente a unha ampla banda prohibida de 5,5 eV), o resultado é a aparencia clara e incolora da maioría dos diamantes naturais. Pequenas cantidades de defectos ou impurezas (aproximadamente unha parte por millón) inducen unha cor de diamante azul (boro), amarelo (nitróxeno), marrón (defectos cristalinos), verde, violeta, rosado, negro, laranxa ou vermello. O diamante tamén ten unha dispersión refractiva relativamente alta, isto é, habilidade para dispersar luz de diferentes cores, que lle dá o seu brillo característico. As súas excelentes propiedades ópticas e mecánicas, combinadas cunha mercadotecnia eficiente, fan que sexa a xema máis popular.

A maioría dos diamantes naturais fórmanse en condicións de presión e temperatura extremas, existentes a profundidades de 140 km a 190 km no manto terrestre. Os minerais que conteñen carbono abastéceno, e o crecemento ten lugar nun período de tempo de 1.000 a 3.300 millóns de anos que representa, aproximadamente, entre o 25 % e o 75 % da idade da Terra. Os diamantes ascenden ata preto da superficie terrestre no magma producido por erupcións volcánicas profundas, que se arrefría en rochas ígneas, coñecidas como kimberlitas e lamproítos. Tamén poden ser producidos sinteticamente nun proceso de alta presión e alta temperatura que simula aproximadamente as condicións no manto da Terra. Unha alternativa e técnica completamente diferente, é a deposición química de vapor. Algúns materiais distintos ao diamante, entre os que están a zirconia cúbica e o carburo de silicio, son denominados frecuentemente simulantes de diamante, semellándose ao diamante en aparencia e moitas propiedades. Desenvolvéronse técnicas xemológicas especiais para distinguir os diamantes naturais dos sintéticos de dos simulantes de diamante.

Propiedades

Un diamante é un cristal transparente de átomos de carbono enlazados tetraedralmente (sp3) que cristaliza na rede de diamante, variación da estrutura cúbica centrada na cara. Os diamantes adaptáronse para moitos usos debido ás excepcionais características físicas. As máis notables son a súa dureza extrema e a súa conductividade térmica (900–2.320 W/(m·K)),[2] así como a ampla banda prohibida e alta dispersión óptica.[3] Sobre os 1.700 °C (1.973 K) no baleiro ou en atmosfera libre de oxíxeno, o diamante convértese en grafito; en aire a transformación comeza aproximadamente a 700 °C.[4] Os diamantes existentes na natureza teñen unha densidade que vai dende 3,15–3,53 g/cm3, con diamantes moi puros xeralmente extremadamente preto a 3,52 g/cm3.[5]

Termodinámica

Predición teórica nun diagrama de fases do carbono

As condicións de presión e temperatura de equilibrio para unha transición entre grafito e diamante están ben establecidas teórica e experimentalmente. A presión de equilibrio varía linealmente coa temperatura, entre 1,7 GPa a 0 K e 12 GPa a 5000 K. (o punto triplo diamante/grafito/líquido).[6][7] Con todo, as fases teñen unha ampla rexión ao redor desta liña na que poden coexistir. A temperatura e presión estándar, 20 °C (293 K) e 1 atmosfera estándar (0,10 MPa), a fase estable do carbono é o grafito, pero o diamante é metaestable e a súa taxa de conversión a grafito é desprezable.[8] Con todo, a temperaturas superiores a uns 4500 K, o diamante convértese rapidamente en grafito. A rápida conversión de grafito en diamante require presións moi superiores á liña de equilibrio: a 2000 K, necesítase unha presión de 35 GPa.[6]

Por encima do punto triplo grafito-diamante-carbono líquido, o punto de fusión do diamante aumenta lentamente ao aumentar a presión; pero a presións de centos de GPa, diminúe.[9] A altas presións, o silicio e o xermanio teñen unha |estrutura cristalina cúbica centrada no corpo BC8 , e prevese unha estrutura similar para o carbono a altas presións. Así a 0 K, prevese que a transición ocorrerá os 1100 GPa[10]

Os resultados publicados nun artigo da revista científica Nature Physics en 2010 suxiren que, a presións e temperaturas ultraelevadas (uns 10 millóns de atmosferas ou 1 TPa e 50.000 °C), o diamante fúndese nun fluído metálico. As condicións extremas necesarias para que isto ocorra danse nos xigantes de xeo Neptuno e Urano. Ambos os planetas están formados por aproximadamente un 10 por cento de carbono e hipoteticamente poderían conter océanos de carbono líquido. Dado que grandes cantidades de fluído metálico poden afectar o campo magnético, isto podería servir como explicación de por que os polos xeográficos e magnéticos dos dous planetas están desalineados.[11][12]

Estrutura cristalina

Cela unitaria do diamante, que mostra a estrutura tetraédrica

A estrutura cristalina máis común do diamante denomínase diamante cúbico. Está formada por celas unitarias apiladas (véxase a figura). Aínda que na figura hai 18 átomos, cada átomo das esquinas é compartido por oito celas unitarias e cada átomo do centro dunha cara é compartido por dúas, polo que hai un total de oito átomos por cela unitaria.[13] A lonxitude de cada lado da cela unitaria denótase por a e é de 3,567 ángstroms.[14]

A distancia entre veciños máis próximos na rede do diamante é de 1,732' 'a/4, onde a é a constante de rede, normalmente dada en ángstrøms como a = 3,567 Å, o que equivale a 0,3567 nm.

Unha rede cúbica de diamante pode considerarse como dúas redes cúbicas centradas na cara interpenetradas cunha desprazada 14 da diagonal ao longo dunha cela cúbica, ou como unha rede con dous átomos asociados a cada punto de rede.[14] Visto desde unha dirección cristalográfica <1 1 1>, está formado por capas apiladas nun patrón ABCABC ... que se repite. Os diamantes tamén poden formar unha estrutura ABAB ..., que se coñece como diamante hexagonal ou lonsdaleíta, pero isto é moito menos común e fórmase en condicións diferentes ás do carbono cúbico.[15]

Hábito cristalino

Unha cara dun diamante octaédrico sen cortar (en bruto), incluída a escala, 0.2 mm
Unha cara dun diamante octaédrico en bruto, mostrando trigonos (de relevo positivo e negativo) formados por gravado químico natural.

Os diamantes adoitan presentarse con maior frecuencia en forma de octaedros euhedrales ou redondeados e octaedros maclados. Como a estrutura cristalina do diamante ten unha disposición cúbica dos átomos, teñen moitas facetas[16] que pertencen a un cubo, octaedro, rombicosidodecaedro, tetraquishexaedro, ou hexaquisoctaedro. Os cristais poden ter arestas redondeadas e inexpresivas e poden ser alargados. Os diamantes (especialmente os de caras cristalinas redondeadas) adoitan atoparse recubertos de nyf, unha pel opaca parecida á goma.[17]

Algúns diamantes conteñen fibras opacas. Denomínanse opacas se as fibras crecen a partir dun substrato transparente ou fibrosas si ocupan todo o cristal. As súas cores van do amarelo ao verde ou ao gris, ás veces con impurezas brancas ou grises en forma de nube. A súa forma máis común é a cuboidal, pero tamén poden formar octaedros, dodecaedros, maclas ou formas combinadas. A estrutura é o resultado de numerosas impurezas con tamaños de entre 1 e 5 micrómetros. Estes diamantes formáronse probablemente en magma de kimberlita e tomaron mostras dos volátiles.[18]

Os diamantes tamén poden formar agregados policristalinos. Tentouse clasificalos en grupos con nomes como boart, ballas, stewartita e framesita, pero non existe un conxunto de criterios amplamente aceptado.[18] O carbonado, un tipo no que os grans de diamante foron sinterizados (fundidos sen fundir mediante a aplicación de calor e presión), é de cor negra e máis duro que o diamante monocristalino.[19] Nunca se observou nunha roca volcánica. Existen moitas teorías sobre a súa orixe, incluída a formación nunha estrela, pero non hai consenso.[18][20][21]

Mecánica

Dureza

A extrema dureza do diamante en determinadas orientacións faino útil na ciencia de materiais, como neste diamante piramidal incrustado na superficie de traballo dun ensaio de dureza Vickers.

O diamante é o material máis duro na escala cualitativa de Mohs. Para realizar o ensaio de dureza cuantitativo de Vickers, golpéanse mostras de materiais cunha pirámide de dimensións normalizadas utilizando unha forza coñecida; para a pirámide utilízase un cristal de diamante que permite ensaiar unha ampla gama de materiais. A partir do tamaño da fendidura resultante, pódese determinar o valor de dureza Vickers do material. A gran dureza do diamante en comparación con outros materiais coñécese desde a antigüidade e de aí o seu nome. Isto non significa que sexa infinitamente duro, indestructible ou imposible de raiar.[22] En efecto, os diamantes poden ser raiados por outros diamantes[23] e desgástanse co tempo mesmo con materiais máis brandos, como os discos fonográficos de vinilo.[24]

A dureza do diamante depende da súa pureza, perfección cristalina e orientación: a dureza é maior para os cristais puros e sen defectos orientados na dirección do <111> (ao longo da diagonal máis longa da rede cúbica do diamante).[25] Por tanto, mentres que sería posible raiar algúns diamantes con outros materiais, como o nitruro de boro, os diamantes máis duros só poden ser raiados por outros diamantes e agregados de diamante nanocristalinos.

A dureza do diamante contribúe á súa idoneidade como pedra preciosa. Como só pode ser raiado por outros diamantes, mantén moi ben o seu pulido. A diferenza de moitas outras gemas, é moi axeitado para o uso diario debido á súa resistencia aos arañazos, o que quizais contribúa á súa popularidade como a gema preferida nos aneis de voda, que adoitan ser usados todos os días durante décadas.

Os diamantes naturais máis duros proceden principalmente dos xacementos de Copeton e Bingara situados na zona de Nova Inglaterra en Nova Gales do Sur, Australia. Estes diamantes foron chamados can-ni-faire ("non pode facerse nada con eles", unha combinación do inglés "can" = poder, italiano "ni" = non e o francés "faire" = facer[26]) polos cortadores en Anveres cando empezaron a chegar en cantidades desde Australia na década de 1870. Estes diamantes son xeralmente pequenos, octaedros perfectos a semiperfectos, e utilízanse para puír outros diamantes. A súa dureza está asociada á forma de crecemento cristalino, que é o crecemento cristalino nunha soa etapa. A maioría dos outros diamantes mostran máis evidencias de múltiples etapas de crecemento, que producen inclusións, defectos e planos defectuosos na rede cristalina, todo o cal afecta á súa dureza. É posible tratar diamantes normais mediante unha combinación de alta presión e alta temperatura para producir diamantes máis duros que os utilizados nos medidores de dureza.[27]

Os diamantes cortan o vidro, pero isto non identifica positivamente a un diamante porque outros materiais, como o cuarzo, tamén se sitúan por encima do vidro na escala de Mohs e tamén poden cortalo. Os diamantes poden raiar outros diamantes, pero isto pode provocar danos nunha ou ambas as pedras. As probas de dureza utilízanse con pouca frecuencia en xemoloxía práctica debido á súa natureza potencialmente destrutiva.[28] A extrema dureza e o elevado valor do diamante fan que as xemas adoiten puírse lentamente, con esmeradas técnicas tradicionais e unha maior atención ao detalle que no caso da maioría das demais pedras preciosas;[29] O resultado adoitan ser facetas extremadamente planas, moi pulidas e con bordos excepcionalmente afiados. Os diamantes tamén posúen un índice de refracción extremadamente alto e unha dispersión bastante elevada. En conxunto, estes factores inflúen no aspecto xeral dun diamante pulido e a maioría dos diamantistas seguen confiando no uso experto dunha lupa para identificar os diamantes «a ollo».[30]

O diamante é o material natural máis duro coñecido ata o momento (aínda que en 2009 se iniciaron uns estudos que parecen demostrar que a lonsdaleíta é un 58% máis dura) onde a dureza está definida como a resistencia a ser raiado.[31] O diamante ten unha dureza de 10 (a máxima dureza) na escala de Mohs de dureza dos minerais.[32]

Resistencia

Algo relacionada coa dureza é outra propiedade mecánica a tenacidade , que é a capacidade dun material para resistir a rotura por impactos fortes. A dureza do diamante natural foi medida como 50–65 MPa-m1/2·[33][34] Este valor é bo en comparación con outros materiais cerámicos, pero pobre en comparación coa maioría dos materiais de enxeñaría, como as aliaxes de enxeñaría, que adoitan presentar unha tenacidade superior a 80 MPa-m1/2. Como ocorre con calquera material, a xeometría macroscópica do diamante contribúe á súa resistencia á rotura. O diamante ten un plano de exfoliación e, por tanto, é máis fráxil nunhas orientacións que noutras. Os talladores de diamantes utilizan este atributo para escindir algunhas pedras antes de facetalas.[35]A «tenacidade ao impacto» é un dos principais índices para medir a calidade dos diamantes industriais sintéticos.

Límite elástico

O diamante ten un límite elástico de compresión de 130–140 GPa.[36] Este valor excepcionalmente alto, xunto coa dureza e transparencia do diamante, son as razóns polas que as celas de bigornia de diamante son a principal ferramenta para experimentos de alta presión.[37] Estas bigornias alcanzaron presións de 600 GPa.[38] Presións moito máis altas poden ser posibles con diamantes nanocristalinos.[37][38]

Elasticidade e resistencia á tracción

Polo xeral, os intentos de deformar o cristal de diamante a granel por tracción ou flexión dan lugar a unha fractura fráxil. Con todo, cando o diamante monocristalino preséntase en forma de arames ou agullas a micro/nanoescala (~100-300 nanómetros de diámetro, micrómetros de lonxitude), poden estirarse elásticamente até un 9-10% de tensión de tracción sen que fallen,[39] cunha tensión de tracción local máxima de aproximadamente 89–98 GPa,[40] moi preto do límite teórico para este material.[41]

Condutibilidade eléctrica

Tamén existen ou se están desenvolvendo outras aplicacións especializadas, incluído o uso como semicondutores: algúns diamantes azules son semicondutores naturais, en contraste coa maioría dos diamantes, que son excelentes illantes eléctricos. A condutividade e a cor azul orixínanse da impureza do boro. O boro substitúe aos átomos de carbono na rede do diamante, doando un oco á banda de valencia..[42]

Aparencia

O diamante preséntase en forma de cristais incoloros octaédricos ou cúbicos de brillo adamantino aínda que a miúdo pódense atopar diamantes de cores variadas (branca, amarela, parda, vermella, verde ou azul). A cor nos diamantes ten dúas fontes adicionais: irradiación (usualmente por partículas alfa), que ocasiona a cor nos diamantes verdes e deformacións físicas do cristal de diamante coñecidas como deformacións plásticas. A deformación plástica é a causa da cor en certos diamantes castaños[43] e talvez nalgúns rosados e vermellos.[44] En orde de rareza, os diamantes incoloros, por moito os máis comúns, son seguidos polos amarelos e castaños, despois polos azuis, verdes, negros, brancos translúcidos, rosados, violetas, laranxas, morados, e o máis raro o vermello.[32] Chámanse diamantes negros aos diamantes que non son verdadeiramente negros, mais que conteñen numerosas inclusións escuras que dan á xema a súa aparencia escura.

Ocorrencia

As rexións máis ricas en diamantes son a India, Brasil e Suráfrica, pero as características do terreo onde estes se atopan son distintas en cada zona.

Na India, por exemplo, encóntranse principalmente en terras con propiedades areosas e en conglomerados antigos, probablemente silúricos (pertencentes ó segundo período da era primaria) e en masas dos ríos.

No Brasil, no estado de Minas Xerais, os diamantes atópanse nunha rocha formada en gran parte por cuarzo e mica. Pola contra, nos estados de Baía, Goiás e Mato Grosso atópanse en depósitos soltos de aluvións e nas areas dos ríos.

En Suráfrica as condicións son distintas. O diamante atópase nas areas dos ríos e en depresións crateriformes do terreo, cheas dunha terra de cor parda na superficie e azul agrisada na súa parte máis profunda, constituída por partículas dunha rocha eruptiva análoga á serpentina procedente da descomposición da olivina: a kimberlita.

Estrutura

Estruturación dos átomos de carbono no diamante

A dureza do diamante, vén dada grazas aos enlaces entre os átomos de carbono (un dos enlaces máis fortes en química) e a súa disposición tridimensional no espazo en forma de pirámide. Se nos fixamos ben (ver imaxe da esquerda) e poñemos calquera dos seus lados como base da pirámide, poderemos contar os átomos de carbono por capas tendo na primeira 1, na segunda 4 e na terceira 9. Nesta forte estrutura a distancia entre dous carbonos é de 0,15 nanómetros.

Usos

O diamante é o mineral máis prezado no mundo da xoiería polo seu inconfundible brillo que presenta unha vez tallado. Debido á súa dureza un diamante só pode ser tallado por outro diamante.

É moi importante tamén na industria. Moitas actividades serían moi difíciles de levar a cabo se non existira o diamante posto que é, grazas á súa dureza, un material altamente abrasivo moi útil na fabricación de discos e moas para puír outras ferramentas. Os diamantes utilizados para tal fin son os diamantes de menor calidade (os que presentan burbullas ou impurezas no seu interior e que non poden ser utilizados na xoiería).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para diamante.
  2. Wei, L.; et al. (1993). "Thermal conductivity of isotopically modified single crystal diamond". Physical Review Letters (en inglés) 70: 3764. doi:10.1103/PhysRevLett.70.3764. 
  3. Zaitsev, A. M. (2001). Optical Properties of Diamond : A Data Handbook (en inglés). Springer. ISBN 9783540665823. 
  4. Radovic, L.R.; Walker, P.M.; Thrower, P.A. (1965). Chemistry and physics of carbon: a series of advances (en inglés). Nova York: Marcel Dekker. ISBN 0-8247-0987-X. 
  5. O'Donoghue, M. (2006). Gems (en inglés). Elsevier. ISBN 0-75-065856-8. 
  6. 6,0 6,1 Bundy P, Bassett WA, Weathers MS, Hemley RJ, Mao HK, Goncharov AF (1996). "The pressure-temperature phase and transformation diagram for carbon; updated through 1994". Carbon 34 (2). pp. 141–153. Bibcode:1996Carbo..34..141B. doi:10.1016/0008-6223(96)00170-4. 
  7. Wang CX, Yang GW (2012). "Thermodynamic and kinetic approaches of diamond and related nanomaterials formed by laser ablation in liquid". En Yang G. Laser ablation in liquids: principles and applications in the preparation of nanomaterials. Pan Stanford. pp. 164–165. ISBN 978-981-4241-52-6. 
  8. Rock PA (1983). Chemical Thermodynamics. University Science Books. pp. 257–260. ISBN 978-1-891389-32-0. 
  9. Wang X, Scandolo S, Car R (outubro de 2005). "Carbon phase diagram from ab initio molecular dynamics". Physical Review Letters 95 (18). p. 185701. Bibcode:2005PhRvL..95r5701W. PMID 16383918. doi:10.1103/PhysRevLett.95.185701. 
  10. Correa AA, Bonev SA, Galli G (xaneiro de 2006). "Carbon under extreme conditions: phase boundaries and electronic properties from first-principles theory". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 103 (5). pp. 1204–1208. Bibcode:2006PNAS..103.1204C. PMC 1345714. PMID 16432191. doi:10.1073/pnas.0510489103. 
  11. Bland E (15 de xaneiro de 2010). "Diamond oceans possible on Uranus, Neptune". Discovery News. Arquivado dende o orixinal o 11 demarzo de 2012. Consultado o 12 de setembro do 2024. 
  12. Silvera I (2010). "Diamond: Molten under pressure". Nature Physics 6 (1). pp. 9–10. Bibcode:2010NatPh...6....9S. doi:10.1038/nphys1491. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 12 de setembro do 2024. 
  13. Rajendran V (2004). Materials science. Tata McGraw-Hill Pub. p. 2.16. ISBN 978-0-07-058369-6. 
  14. 14,0 14,1 Ashcroft NW, Mermin ND (1976). Solid state physics. Holt, Rinehart and Winston. p. 76. ISBN 978-0-03-083993-1. 
  15. Bandosz TJ, Biggs MJ, Gubbins KE, Hattori Y, Iiyama T, Kaneko T, Pikunic J, Thomson K (2003). "Molecular models of porous carbons". En Radovic LR. Chemistry and physics of carbon 28. Marcel Dekker. pp. 46–47. ISBN 978-0-8247-0987-7. 
  16. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para faceta.
  17. Webster R, Read PG (2000). Gems: Their sources, descriptions and identification (5th ed.). Gran Bretaña: Butterworth-Heinemann. p. 17. ISBN 978-0-7506-1674-4. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Cartigny P, Palot M, Thomassot E, Harris JW (30 de maio de 2014). "Diamond Formation: A Stable Isotope Perspective". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 42 (1). pp. 699–732. Bibcode:2014AREPS..42..699C. doi:10.1146/annurev-earth-042711-105259. 
  19. Fukura S, Nakagawa T, Kagi H (novembro de 2005). "High spatial resolution photoluminescence and Raman spectroscopic measurements of a natural polycrystalline diamond, carbonado". Diamond and Related Materials 14 (11–12). pp. 1950–1954. Bibcode:2005DRM....14.1950F. doi:10.1016/j.diamond.2005.08.046. 
  20. Mohammad G, Siddiquei MM, Abu El-Asrar AM (2006). "Poly (ADP-ribose) polymerase mediates diabetes-induced retinal neuropathy". Mediators of Inflammation 2013 (2). p. 510451. Bibcode:2006ApJ...653L.153G. PMC 3857786. PMID 24347828. arXiv:physics/0608014. doi:10.1086/510451. 
  21. "Diamonds from Outer Space: Geologists Discover Origin of Earth's Mysterious Black Diamonds". National Science Foundation. 8 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2007. Consultado o 15 de setembro do 2024. 
  22. "Diamonds Are Indestructible, Right?". Dominion Jewelers (en inglés). 16 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro do 2024. 
  23. Seal M (25 de novembro de 1958). "The abrasion of diamond". Proceedings of the Royal Society A 248 (1254). pp. 379–393. doi:10.1098/rspa.1958.0250. 
  24. Weiler HD (13 de abril de 2021). "The wear and care of records and styli". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2023. Consultado o 15 de setembro do 2024 – vía Shure Applications Engineering. 
  25. Neves AJ, Nazaré MH (2001). Properties, Growth and Applications of Diamond. Institution of Engineering and Technology. pp. 142–147. ISBN 978-0-85296-785-0. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de setembro do 2024. 
  26. Arteinformado, ed. (2023). "can-ni-faire" (en ruso). Consultado o 17 de setembro do 2024. 
  27. Boser U (2008). "Diamonds on Demand". Smithsonian 39 (3): 52–59. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 16 de setembro do 2024. 
  28. Read PG (2005). Gemmology. Butterworth-Heinemann. pp. 165–166. ISBN 978-0-7506-6449-3. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2023. Consultado o 17 de setembro do 2024. 
  29. Hazen RM (1999). The diamond makers. Cambridge University Press. pp. 7–10. ISBN 978-0-521-65474-6. 
  30. O'Donoghue M (1997). Synthetic, Imitation and Treated Gemstones. Gulf Professional. pp. 34–37. ISBN 978-0-7506-3173-0. 
  31. Cordua, W.S. (1998). "The Hardness of Minerals and Rocks". Lapidary Digest (en inglés). International Lapidary Association. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2007. 
  32. 32,0 32,1 Erlich, E.I.; Dan Hausel, W. (2002). Diamond Deposits (en inglés). Society for Mining, Metallurgy, and Exploration. ISBN 0873352130. 
  33. Lee J, Novikov NV (2005). Innovative superhard materials and sustainable coatings for advanced manufacturing. Springer. p. 102. ISBN 978-0-8493-3512-9. 
  34. Marinescu ID, Tönshoff HK, Inasaki I (2000). Handbook of ceramic grinding and polishing. William Andrew. p. 21. ISBN 978-0-8155-1424-4. 
  35. Harlow GE (1998). The nature of diamonds. Cambridge University Press. pp. 223, 230–249. ISBN 978-0-521-62935-5. 
  36. Eremets MI, Trojan IA, Gwaze P, Huth J, Boehler R, Blank VD (3 de outubro de 2005). "The strength of diamond". Applied Physics Letters 87 (14). p. 141902. Bibcode:2005ApPhL..87n1902E. doi:10.1063/1.2061853. 
  37. 37,0 37,1 Dubrovinsky L, Dubrovinskaia N, Prakapenka VB, Abakumov AM (23 de outubro de 2012). "Implementation of micro-ball nanodiamond anvils for high-pressure studies above 6 Mbar". Nature Communications 3 (1). p. 1163. Bibcode:2012NatCo...3.1163D. PMC 3493652. PMID 23093199. doi:10.1038/ncomms2160. 
  38. 38,0 38,1 Wogan T (2 de novembro de 2012). "Improved diamond anvil cell allows higher pressures than ever before". Physics World. Nature Communications. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2018. Consultado o 18 de setembro do 2024. 
  39. Dang C, Chou JP, Dai B, Chou CT, Yang Y, Fan R, et al. (xaneiro de 2021). "Achieving large uniform tensile elasticity in microfabricated diamond". Science 371 (6524). pp. 76–78. Bibcode:2021Sci...371...76D. PMID 33384375. doi:10.1126/science.abc4174. 
  40. Banerjee A, Bernoulli D, Zhang H, Yuen MF, Liu J, Dong J, et al. (abril de 2018). "Ultralarge elastic deformation of nanoscale diamond". Science 360 (6386). pp. 300–302. Bibcode:2018Sci...360..300B. PMID 29674589. doi:10.1126/science.aar4165. 
  41. LLorca J (abril de 2018). "On the quest for the strongest materials". Science 360 (6386). pp. 264–265. Bibcode:2018Sci...360..264L. PMID 29674578. arXiv:2105.05099. doi:10.1126/science.aat5211. 
  42. Collins AT (1993). "The Optical and Electronic Properties of Semiconducting Diamond". Philosophical Transactions of the Royal Society A 342 (1664). pp. 233–244. Bibcode:1993RSPTA.342..233C. doi:10.1098/rsta.1993.0017. 
  43. Hounsome, L. S.; Jones, R.; Martineau, P. M.; Fisher, D.; Shaw, M. J.; Briddon, P. R.; Öberg, S. (2006). "Origin of brown coloration in diamond". Physical Review B (en inglés) 73: 125203–125211. doi:10.1103/PhysRevB.73.125203. 
  44. Wise, R. W. (2001). Secrets Of The Gem Trade, The Connoisseur's Guide To Precious Gemstones. Brunswick House Press. pp. 223–224. ISBN 9780972822381. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chaim Evevn-Zohar (2007). "From Mine to Mistress - Corporate Strategies and Government Policies in the International Diamond Industry" (Segunda edición do libro sobre a industria mundial do diamante) Mining Journal Press.
  • M. O'Donoghue (2006). Gems. Elsevier. ISBN 0-75-065856-8. 
  • G. Davies (1994). Properties and growth of diamond. INSPEC. 
  • O'Donoghue, Michael, and Joyner, Louise (2003). Identification of gemstones. Gran Bretaña: Butterworth-Heinemann. pp. 12–19. ISBN 0-7506-5512-7. 
  • A. Feldman and L. H. Robins (1991). Applications of Diamond Films and Related Materials. Elsevier Sci. 
  • J.E. Field (1979). The Properties of Diamond. Londres: Academic Press. 
  • J.E. Field (1992). The Properties of Natural and Synthetic Diamond. Londres: Academic Press. 
  • W. Hershey (1940). The Book of Diamonds. Hearthside Press, Nova York. 
  • S. Koizumi, C. E. Nebel and M. Nesladek (2008). Physics and Applications of CVD Diamond. Wiley VCH. ISBN 3527408010. 
  • L.S. Pan and D.R. Kania (1995). Diamond: Electronic Properties and Applications. Kluwer Academic Publishers. 
  • Pagel - Theisen, Verena. Diamond Grading ABC: the Manual Rubin & Son, Antuerpen, Bélxica, 2001. ISBN 3-9800434-6-0
  • Radovic, Ljubisa R.; Walker, Philip M.; Thrower, Peter A. (1965). Chemistry and physics of carbon: a series of advances. Nova York, N.Y.: Marcel Dekker. ISBN 0-8247-0987-X. 
  • Tolkowsky, Marcel (1919). Diamond Design: A Study of the Reflection and Refraction of Light in a Diamond. London: E. & F.N. Spon, Ltd. (Web edition as edited by Jasper Paulsen, Seattle, 2001)
  • Wise, Richard W. "Secrets Of The Gem Trade, The Connoisseur's Guide To Precious Gemstones". (2003) Brunswick House Press. Website of book: Secrets of the Gem Trade
  • A. M. Zaitsev (2001). Optical Properties of Diamond : A Data Handbook. Springer. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Округа Северной Каролины Американский штат Северная Каролина состоит из 100 округов. Штат занимает двадцать девятое место в стране по площади и седьмое место по количеству округов.[1] После восстановления монархии в 1660 году, 24 марта 1663 года король Англии Карл II награди...

 

W Series 2022 Sebelum: 2021 Sesudah: 2023 Seri induk: Kejuaraan Dunia Formula Satu Jamie Chadwick adalah juara bertahan, setelah sebelumnya berhasil memenangkan gelar juara keduanya pada musim 2021. W Series musim 2022 adalah musim ketiga dari kejuaraan W Series. Kejuaraan ini hanya diikuti untuk pembalap wanita sebagai seri balapan tingkat Formula Regional,[1] yang mendukung Formula Satu musim 2022. Jamie Chadwick adalah juara bertahan, setelah sebelumnya berhasil memenangkan gelar j...

 

بطولة العالم لسباق الدراجات على الطريق 2020 تفاصيل السباقسلسلة93. بطولة العالم لسباق الدراجات على الطريقمراحل4التواريخ24 – 27 سبتمبر 2020المسافات464٫6 كمالبلد إيطاليا ▶20192021◀ توثيق بطولة العالم لسباق الدراجات على الطريق 2020 (بالإنجليزية: 2020 UCI Road World Championships)‏ هو الموسم 93 من&#...

Вілла-РинденаVilla Rendena Колишня комуна Країна  ІталіяРегіон Трентіно-Альто-АдіджеПровінція ТрентоКод ISTAT 022223Поштові індекси 38080Телефонний код 0465Координати 46°04′00″ пн. ш. 10°43′00″ сх. д. / 46.06667° пн. ш. 10.71667° сх. д. / 46.06667; 10.71667Координати: 46°04...

 

Jendela Ramadan IndonesiaGenreAcara varietasPresenterDeddy CorbuzierNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaProduksiDurasi60 menitRumah produksiNET. EntertainmentDistributorNet Mediatama TelevisiRilisJaringan asliFormat gambarHDTV (1080i 16:9)Format audioDolby Digital 5.1Rilis asli24 April (2020-04-24) –23 Mei 2020 (2020-5-23)Acara terkaitHitam Putih dan OOTD (Obrolan Of The Day) (di Trans7) Deddy's Corner (di Trans TV) Jendela Ramadan Indonesia adalah sebuah program a...

 

سابسك-ريازانسكاي    علم الإحداثيات 54°24′00″N 40°23′00″E / 54.4°N 40.383333333333°E / 54.4; 40.383333333333  تاريخ التأسيس 1629  تقسيم إداري  البلد روسيا الإمبراطورية الروسية الاتحاد السوفيتي روسيا القيصرية[1][2]  خصائص جغرافية ارتفاع 100 متر  عدد السكان  عدد ال...

2016 film Little WingFilm posterFinnishTyttö nimeltä Varpu Directed bySelma VilhunenWritten bySelma VilhunenProduced by Kai Nordberg Kaale Aho Starring Linnea Skog Paula Vesala CinematographyTuomo HutriEdited bySamu HeikkiläMusic by Jori Sjöroos Paula Vesala Productioncompanies Making Movies Final Cut for Real Release dates 8 September 2016 (2016-09-08) (TIFF) 23 September 2016 (2016-09-23) (Finland) Running time100 minutesCountries Finland Denmark La...

 

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: List of awards and nominations received by Winner – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2...

 

أكوام من الإطارات المقطعة،ضمن عملية إعادة تدوير الإطارات. إعادة تدویر الإطارات، أو إعادة تدویر المطاط، ھي عملیة تدویر مخلفات الإطارات التي لم تعد صالحة للاستعمال في المركبات بسبب التآكل أو الضرر غیر القابل للإصلاح. تُعد ھذه الإطارات مصدرًا صعبًا للنفایات، بسبب الحجم الك...

ناروتو: عاصفة النينجا النهائي 2 NARUTO-ナルト- 疾風伝ナルティメットストーム2 الغلاف الياباني للعبة المطور سيبر كونيكت 2 الناشر بانداي نامكو إنترتينمنت الموزع ستيم،  ومتجر مايكروسوفت،  ونينتندو إي شوب،  وبلاي ستيشن ستور  المخرج هيروشي ماتسوياما  [لغات أخرى]‏...

 

Ethnic group in Ghana and Togo MobaMɔbaTotal population550,000 (est.)Regions with significant populationsGhana, TogoLanguagesMoba, French The Moba people, or Bimoba, are a Gur-speaking ethnic group from north-eastern Ghana and north-western Togo. Population centres in Ghana include Bimbagu and Bunkpurugu. The Bimoba number approximately 250,000 people in north-eastern Ghana[1] and about 320,000 people in northern Togo.[2] Origin The Bimoba are believed to have migrated southw...

 

Cute girl character in manga and anime Moe-style illustration of an original bishōjo character In Japanese popular culture, a bishōjo (美少女, lit. beautiful girl), also romanized as bishojo or bishoujo, is a cute girl character. Bishōjo characters appear ubiquitously in media including manga, anime, and computer games (especially in the bishojo game genre), and also appear in advertising and as mascots, such as for maid cafés. An attraction towards bishōjo characters is a key concept...

Norwegian politician Bust of Richard With Stokmarknes, Norway MS Richard With Richard Bernhard With (18 September 1846 – 9 February 1930) was a Norwegian ship captain, businessman and politician for the Liberal Left Party. He is known as the founder of the shipping companies Vesteraalens Dampskibsselskab and Hurtigruten.[1] Background Richard Bernhard With was born at Tromsø in Troms, Norway. He was a son of shipmaster Sivert Regnor With (1810–97) and his wife Anne Bergitte Dahl ...

 

Version of brewed Arabian coffee beans This article is about methods of preparation of a drink. For the species of coffee plant, see Coffea arabica. Arabic coffeeA dallah is a traditional Arabic coffee pot with cups and coffee beans.Alternative namesQahwah arabiyyaTypeCoffea arabicaCourseDrinkPlace of originMokhaRegion or stateYemenAssociated cuisineArab cuisineInvented15th centuryServing temperatureHot  Media: Arabic coffee Arabic coffee is a version of the brewed coffee of Coffea a...

 

Розташування Сьєрра-Леоне Сьє́рра-Лео́не розташована на західному узбережжі Африки. Зміст 1 Давні часи 2 Колонізація 3 Колонія Великої Британії 4 Здобуття незалежності 5 Після 1961 6 Джерела Давні часи Перші португальські мореплавці відкрили півострів ще в 1462. Вони назвали ...

Room where shared broadcast equipment is located WREX-TV tech core, or CAR In broadcast facilities and television studios, a central apparatus room (CAR, pronounced C-A-R), central machine room, or central equipment room (CER), or central technical area (CTA), or rack room is where shared equipment common to all technical areas is located. Some broadcast facilities have several of these rooms. It should be air-conditioned, however low-noise specifications such as acoustical treatments are opt...

 

Marita LindahlMarita saat memenangkan Miss World 1957LahirMarita Lindahl(1938-10-17)17 Oktober 1938 FinlandiaMeninggal21 Maret 2017(2017-03-21) (umur 78) Oxford, InggrisKebangsaanFinlandiaPekerjaanModel, ratu kecantikanTahun aktif1957–2017Dikenal atasMiss World 1957 Marita Lindahl (17 Oktober 1938 – 21 Maret 2017[1]) adalah seorang model dan ratu kecantikan Finlandia yang memenangi kontes kecantikan Miss World pada tahun 1957, setelah dimahkotai sebaga...

 

Опис Логотип Сенату Італії Джерело en:Seal Italian Senate.png Час створення 2010 Автор зображення парламент Італії Ліцензія Це логотип (емблема) організації, товару, або заходу, що перебуває під захистом авторських прав та/або є товарним знаком. Використання зображень логотипів з низ...

Part of a series onZamindars of Bengal Central BengalPresent Divisions: Dhaka and Mymensingh Baliati Mohera Bhawal Dhaka Karatia Eastern BengalPresent Divisions: Chittagong and Sylhet Baniachong Barshala Bohmong Chakma Homnabad-Pashchimgaon Kanihati Mong Panchakhanda Prithimpassa Sandwip Sheikhghat Northern BengalPresent Divisions: Rangpur and Rajshahi Dighapatia Gunahar, Bogra Tajhat, Rangpur Mahipur, Rangpur Natore Dulai, Pabna Puthia Queen Bhabai Estate of Rajshahi (Natore) Dinajpur Singra...

 

3rd episode of the 1st series of Spooks One Last DanceSpooks episodeEpisode no.Series 1Episode 3Directed byRob BaileyWritten bySimon MirrenProduced bySimon Crawford CollinsEditing byColin GreenProduction code103Original air date27 May 2002 (2002-05-27)Guest appearances Christopher Fulford as Johnny Marks Katie Jones as Leyla Bakhuri Karzan Krekar as Serka Ray Panthaki as Chalak Bakhuri Oliver Haden as Sonay Kevork Malikyan as Ozan Cosar Fisun Burgess as Selin Cosar Donald Pirie...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!