Bernardine Eugénie Désirée Clary (en galego Bernardina Euxenia Desideria Clary), nada en Marsella o 9 de novembro de 1777 e finada en Estocolmo o 17 de decembro de 1860 , foi raíña consorte de Suecia e Noruega , desde 5 de febreiro de 1818 ao 8 de marzo de 1844 , polo seu casamento co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte , que fora elixido en 1810 , polo parlamento de Suecia, como príncipe herdeiro do ancián rei Carlos XIII , sendo afillado por este; tras a morte do monarca , Bernadotte accedeu o 5 de febreiro de 1818 ao trono da unión de Suecia e Noruega.
Traxectoria
Desgusto con Napoleón
Desideria , retratada por François Gérard en 1810 . Museo Marmottan , París , Francia .
Desideria era filla dun rico comerciante de seda de Marsella , François Clary , e da súa segunda esposa, Françoise Rose Somis .
A súa irmá Julie casou, en 1794 , con Xosé I Bonaparte , irmán máis vello de Napoleón e rei de España .
O 21 de abril de 1795 Napoleón comprometeuse oficialmente con Desideria.
Porén tras o encontro de Napoleón con Xosefina de Beauharnais en París (o 15 de outubro de 1795 ) e pola presión dun amigo de Napoleón,[Cómpre referencia ] Paul Barras , o primeiro rompeu o seu compromiso de matrimonio con Desideria para desposar a Xosefina.
Desideria levou moi mal a súa ruptura, sentimento que quedou claramente plasmado nunha das súas citas máis coñecidas:
Fixeches a miña vida miserábel, pero son abondo débil para perdoarte.
Matrimonio
Carlos XIV Xoán , esposo de Desideria, por François Gérard (1811 ).
Tumba de Desideria, na Riddarholmskyrkan .
O 17 de agosto de 1798 Desideria casou en Sceaux , cerca de París , co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte ,[ 1]
Durante as frecuentes ausencias de Bernadotte, debido ás guerras napoleónicas , albergaba na súa casa de París tertulias literarias, converténdose nunha dama moi popular.
Dous anos despois de que o seu marido fora nomeado príncipe real (herediro) de Suecia , viaxou a Estocolmo , onde permaneceu dous anos (1810 -1811 ), pero despois volve a París.
Bernadotte sobe definitivamente ao trono en 1818 como Carlos XIV Xoán , e Desideria incorporouse á corte en 1823 , desempeñando un modesto papel, como raíña consorte, coñecida como Desideria .
Á morte do rei o 8 de marzo de 1844 , o fillo de ambos sobe ao trono de Suecia e Noruega como Óscar I .
O seu nome na dinastía Bernadotte
Desideria foi moi popular en Suecia, e os suecos recórdana con cariño.
A terceira irmá do actual rei de Suecia (Carlos XVI Gustavo ), a princesa Desideria , ten ese nome en honor a ela.
Así mesmo a actual herdeira do trono, Vitoria , leva como cuarto nome o de Désirée en honor á primeira da súa dinastía.
Antepasados de Desideria
16. Antoine Clary
8. Jacques Clary
17. Marguerite Canolle
4. Joseph Clary
18. Angelin Barosse
9. Catherine Barosse
19. Jeanne Pélissière
2. François Clary
20. David Ammoric
10. François Ammoric
21. Magdalene Chabrande
5. Françoise Agnès Ammoric
22. Maurice Boisson
11. Jeanne Boisson
23. Gabrielle Bouquette
1. Désirée Clary
24. François Somis
12. Jean Louis Somis
25. Françoise Chiosio
6. Joseph Ignace Somis
26. Antoine Christophe Bouchard
13. Françoise Bouchard
27. Catherine Martel
3. Françoise Rose Somis
28. Louis Soucheiron
14. François Soucheiron
29. Claire Tolode
7. Catherine Rose Soucheiron
30. César Cautier
15. Anne Cautier
31. Thérèse Amauric
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas