David DiVincenzo

Modelo:BiografíaDavid DiVincenzo
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Universidade Técnica de Delft
Universidade Técnica de Aachen (pt) Traducir
Universidade Cornell
Los Altos High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft
Universidade Técnica de Aachen (pt) Traducir
Research Centre Jülich (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Terhal Editar o valor en Wikidata
Premios


David P. DiVincenzo, nado en Filadelfia (Pensilvania) en 1959, é un físico teórico estadounidense vinculado a diversas universidades e centros de investigación europeos.[1]

Xunto con Daniel Loss, da Universidade de Basilea, en Suíza, propuxo en 1997 o chamado "computador cuántico Loss-DiVincenzo" (ou "computador cuántico spin-qubit), que utilizaría spins de electróns en puntos cuánticos como qubits.[2][3]

Traxectoria

DiVincernzo doutorouse en 1983 en Enxeñaría eléctrica na Universidade de Pensilvania, e entre ese ano e 1985 fixo unha estadía posdoutoral na Universidade Cornell, no Estado de Nova York.

Entre 1985 e 2011 foi membro do equipo de investigación do IBM Watson Research Center en Nova York.

De 2011 a 2017 foi o director do Instituto de Nanoelectrónica Teórica (Forschungszentrum) no Peter Grünberg Institute en Jülich, Alemaña, e profesor no Instituto de Información Cuántica da Universidade Técnica de Aquisgrán.[4]

En 2017 entrou a formar parte do equipo de investigación de cuántica no QuTech, da Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde tamén desenvolven o seu labor outros destacados investigadores en Física cuántica, como os profesores Kouwenhoven ou Terhal.[5]

Os Criterios de DiVincenzo

En 1996, durante o seu período no centro de investigación de IBM en Nova York, publicou o seu artigo Topics in Quantum Computing, onde se propuñan os cinco requisitos para a creación dunha computadora cuántica, que desde entón se coñecen como Criterios de DiVincenzo (DiVincenzo Criteria).[6][7] Isto supuxo un importante pulo na investigación experimental para o desnvolvemento dun computador cuántico real e utilizable.[8]

Os criterios de DiVincenzo son os seguintes:[9]

  1. Un sistema físico escalable con qubits ben caracterizados.
  2. A capacidade de iniciar o estado dos qubits a un estado fiducial simple, como
  3. Un conxunto "universal" de portas cuánticas.
  4. Tempos de decoherencia longos e relevantes, moito máis longos que o tempo de operación da porta.
  5. Unha capacidade de medición específica de qubits.

Para a comunicación cuántica (transmisión de quibits intactos dun sitio a outro), cómpre satisfacer dous criterios adicionais:

  1. A capacidade de interconverter qubits estacionarios e voadores.
  2. A capacidade de transmitir qubits voadores entre localizacións distantes.

Publicacións salientables

Á parte das citadas na sección de "Notas":

  • Two-Bit Gates are Universal for Quantum Computation, Phys. Rev. A, Band 51, 1995, S. 1015 (en inglés)
  • Quantum computation, Science, Band 270, 1995, S. 255 (en inglés) Quantum information and computation, Nature, Band 404, 2000, S. 247–255 (con Bennett, C.) (en inglés)
  • Mixed-state entanglement and quantum error correction, Phys. Rev. A, Band 54, 1996, S. 3824 (con Bennett, C.; Smolin, J.; Wootters,W.) (en inglés)
  • Elementary gates for quantum computation, Phys. Rev. A, Band 52, 1995, S. 3457 (conBarenco, A.; Bennett, C. et al.) (en inglés)
  • The physical implementation of quantum computation, 2000 (en ninglés)
  • Double quantum dot as a quantum bit, Science, Band 309, 2005, S. 2174–2174 (en inglés)
  • Toward control of large scale quantum computing, Science, 334, 2011, S. 50–51 (en inglés)
  • Quantum bits: better than excellent, Nature Materials, Band 9, 2010, S. 468–469 (en inglés)
  • Schrieffer-Wolff transformation for quantum many-body systems, Band 326, 2011, S. 2793–2826 (con Bravyi, S.; Loss, D.) (en inglés)

Notas

  1. "Dr. Universitätsprofessor David DiVincenzo Arquivado 21 de abril de 2018 en Wayback Machine.". RWTH Aachen University (en inglés)
  2. D. Loss and D. P. DiVincenzo, "Quantum computation with quantum dots", Phys. Rev. A 57, p120 (1998) (en inglés)
  3. Hellemans, Alexander. "David DiVincenzo on his Tenure at IBM and the Future of Quantum Computing". IEEE Spectrum. 2 de ouctubro de 2015 (en inglés)
  4. "David DiVincenzo Quantum Physics Arquivado 20 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". Humboldt Foundation (en inglés)
  5. Perfil de DiVincenzo en QuTech, da Universidade de Tecnoloxía de Delft (en inglés)
  6. DiVincenzo, David. "Topics in quantum computers". Mesoscopic Electron Transport. 16 de decembro de 1996 (en inglés)
  7. "Proposed modular quantum computer architecture offers scalability to large numbers of qubits". phys.org. Universidade de Maryland. 27 de febreiro de 2014 (en inglés)
  8. Pérez-Delgado, Carlos A.; Kok, Pieter. (2011-01-13) "Quantum computers: Definition and implementations". Physical Review A. 83 (1): 012303 (en inglés)
  9. DiVincenzo, David P. "The Physical Implementation of Quantum Computation". Fortschritte der Physik. 48 (9–11): 771–783

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!