Esta datación cronolóxica do Franquismo refírese ao réxime político de carácter ditatorial que tivo España dende 1939 ata 1975. Un réxime que mantivo remarcábeis semellanzas con outros réximes existentes nalgúns países de Europa e América, especialmente os réximes italiano e alemán, de corte totalitarista, e que reciben o nome de fascismo e nazismo, respectivamente. Un golpe de estado dado polo xeneral Francisco Franco o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da Segunda República, fixo estalar unha guerra civil, que ao cabo envorcou no chamado réxime franquista.