Opus Dei

Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei
Selo do Opus Dei
Prelatura persoal da Igrexa católica
Historia
Fundación1928
FundadorSan Xosemaría Escrivá
Aprobación1941 (Diocese de Madrid), 1950 (Santa Sé)
Goberno e estrutura
PreladoFernando Ocáriz
Membrosarredor de 90.000
Outros datos
Sede centralRoma
Páxina webwww.opusdei.org

A Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei (máis coñecida como Opus Dei), é unha prelatura persoal da Igrexa católica, fundada o 2 de outubro de 1928 por San Xosemaría Escrivá de Balaguer, sacerdote español canonizado en 2002. O termo latino Opus Dei significa "obra de Deus".

A prelatura persoal está gobernada por un prelado, Fernando Ocáriz, e composta polos sacerdotes que forman o clero propio da prelatura e, na súa maioría, por fieis laicos.[1]

Historia e características

Expansión do Opus Dei polo mundo
Camiño

O Opus Dei, fundado en 1928, foi aprobado por primeira vez en 1941 polo bispo de Madrid-Alcalá (España). Anos despois, en 1950, a Santa Sé aprobouno como Instituto Secular, rexéndose polos seus propios estatutos. Tras solicitalo, foi erixida como prelatura persoal en 1982 polo Papa Xoán Paulo II, sendo a única existente na actualidade. A prelatura depende da Congregación para os Bispos.

A misión institucional do Opus Dei é difundir a ensinanza católica de que todas as persoas están chamadas a facerse santos, e que a vida ordinaria é un camiño cara á santidade.[2]

Segundo o Anuario Pontificio de 2010, o Opus Dei contaba ese ano con 1.996 sacerdotes no mundo e 85.568 laicos, que suman un total de 87.564 membros.[3] O 55 % dos membros do Opus Dei son mulleres e cerca do 90 % viven en Europa e América Latina.[4]

O patrimonio da prelatura está estimado nun mínimo de 2.800 millóns de dólares, segundo un estudo de John Allen.[5]

O Opus Dei recibiu recoñecemento e apoio dos Papas, de diversas autoridades católicas e doutras personalidades.

En contraste, sobre todo en Europa e América Latina, o Opus Dei tamén foi fortemente criticado, sendo acusado principalmente de proselitismo agresivo, sectarismo e difusión de actitudes e vencellos con grupúsculos ultradereistas.[6]

Organización e actividades

Goberno

Artigo principal: Prelatura persoal.

Coa constitución apostólica Ut Sit do papa Xoán Paulo II de 1982, o Opus Dei foi estabelecido como prelatura persoal, unha estrutura novidosa da Igrexa católica similar a unha diocese, ao ter como membros laicos e clero secular ao cargo dun bispo. Porén, mentres un bispo estende a súa autoridade sobre un territorio (unha diocese), o prelado é pastor de todos os membros da prelatura no mundo, sen importar en que diocese residan. Ademais de ser gobernado pola constitución Ut Sit e polas leis xerais da Igrexa, o Opus Dei é gobernado tamén segundo os seus propios estatutos, que estabelecen os obxectivos e traballos da prelatura. A prelatura depende da Congregación para os Bispos.[7][8]

Tipos de membros

O Opus Dei é unha prelatura persoal da Igrexa católica, formada por presbíteros, diáconos e laicos fronte dos cales está o Prelado. A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, é unha asociación sacerdotal intrinsecamente unida á prelatura persoal á que poden pertencer sacerdotes diocesáns. Cando se di que alguén pertence ao Opus Dei, quere dicir que se atopa nalgunha destas categorías: sacerdotes da prelatura, laicos que se adican ós labores apostólicos e sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz.

Á súa vez, dentro de cada grupo existen varios subgrupos:

  • Sacerdotes da Prelatura: poden ser numerarios ou agregados.
  • Laicos: poden ser numerarios/as, agregados/as, supernumerarios/as ou numerarias auxiliares.
  • Sacerdotes diocesanos: poden ser agregados ou supernumerarios.

Por último, ambas as institucións (a Prelatura e a Sociedade Sacerdotal) admiten Cooperadores [9] (de calquera tipo a primeira, só sacerdotes diocesáns a segunda), que sen pertencer a elas prestan axuda de xeito estable, coas súas esmolas, oracións ou traballo.

Sacerdotes do Opus Dei

Representan menos do 2% do total dos seus membros, o que dá ó Opus Dei unha natureza fundamentalmente laica dentro da Igrexa católica. Proceden dos numerarios e agregados laicos do Opus Dei. Principalmente, atenden os membros laicos e traballan nos labores apostólicos. Os principais cargos de goberno na prelatura (Prelado, Vicarios Rexionais e Vicarios Delegados) adoitan estar ocupados por membros desta categoría.

Os sacerdotes que forman o clero da prelatura foron chamados polo prelado para facerse sacerdotes e, libremente, aceptaron esta chamada. Realizan os seus estudos sacerdotais nos centros ou seminarios do Opus Dei, e o Opus Dei responsabilízase do seu sustento.

Os sacerdotes numerarios e agregados viven como os laicos numerarios e agregados, respectivamente: os sacerdotes numerarios en centros da prelatura, e os sacerdotes agregados coa súa familia, en residencias, sós etc. Varios sacerdotes numerarios foron ordenados bispos polo Papa.

Laicos do Opus Dei

Supoñen a inmensa maioría dos membros da Obra (máis do 98%). Existen varios tipos de membros laicos na Prelatura do Opus Dei:

  • Supernumerarios

Son os máis numerosos, representan actualmente preto do 70 % do total dos membros.[10] Os supernumerarios non teñen compromiso de celibato (é dicir, poden casar e ter fillos), viven e traballan onde consideran oportuno, e buscan a santificación na súa vida diaria. Ademais de teren un "plan de vida" espiritual con diversos medios de formación e prácticas de piedade. Debido á súa profesión e obrigacións familiares, os supernumerarios non posúen tanta dispoñibilidade coma os numerarios ou agregados, pero acostuman colaborar economicamente co Opus Dei ou ofrecer algún tipo de apoio segundo as circunstancias llelo permitan. Non ocupan cargos directivos.

Aínda que adoito se fale só en masculino, en todos os grupos, agás no das numerarias auxiliares, hai homes e mulleres: numerarios e numerarias... Ambas as seccións (masculina e feminina) son completamente independentes (distintos centros e labores apostólicos).

  • Agregados (ata 1982, oblatos):

Son membros con compromiso de celibato que -a diferenza dos numerarios- viven coas súas familias onde lles resulte máis conveniente por razóns profesionais. Son aproximadamente un 10% dos membros do Opus Dei. Non ocupan cargos directivos na Obra.

  • Numerarios:

Comprenden aproximadamente o 20% dos membros.[10] Os numerarios e numerarias son membros con compromiso de celibato que, polo xeral, viven nun centro do Opus Dei. Poden, en principio, exercer unha profesión civil, pero deben estar dispostos a renunciar ó seu exercicio se a Prelatura llelo solicita para teren outra función dentro da Obra.

Son os primeiros responsables da formación dos demais membros do Opus Dei, e adoitan desempeñar os cargos directivos. Numerarios e numerarias (non así as numerarias auxiliares) reciben unha formación filosófica e teolóxica que, ao longo da súa vida é comparable coa recibida nun seminario.

  • Numerarias auxiliares:

Son numerarias que adican a súa vida exclusivamente ao traballo doméstico (limpeza, cociña, coidado da roupa, xestión etc.) dos centros. Viven nos centros do Opus Dei e polo xeral non exercen ningunha profesión externa. Non teñen cargos directivos.

Nos estatutos do Opus Dei dise sobre as numerarias auxiliares:

(...) ademais, na sección de mulleres, as Numerarias auxiliares, coa mesma dispoñibilidade que as demais Numerarias, adican a súa vida principalmente aos traballos manuais ou oficios domésticos, que acollen voluntariamente como traballo profesional propio, nas sedes dos centros da Obra. (n. 9)..

Sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz é unha asociación de clérigos (sacerdotes), intrinsecamente unida á prelatura persoal do Opus Dei. A ela pertencen presbíteros e diáconos diocesanos que así o desexen, e os sacerdotes (numerarios ou agregados) que forman o clero da prelatura. O prelado do Opus Dei, é o presidente da Sociedade.

Cooperadores do Opus Dei

Os cooperadores do Opus Dei non son membros da prelatura, pero colaboran de distintos xeitos con ela (oracións, caridade, traballo). Para ser Cooperador non é necesario ser cristián senón, tan só, ter desexos de colaborar coas actividades e/ou fins do Opus Dei

Os cooperadores poden participar das actividades educativas e de formación do Opus Dei. Así mesmo, comunidades relixiosas poden ser cooperadores da Prelatura. Actualmente existen centos destas comunidades que cooperan mediante as súas oracións polo Opus Dei e o seu apostolado.

Notas

  1. As prelaturas persoais regúlanse nos artigos 294 a 297 do Código de Dereito Canónico.
  2. A Igrexa católica declarou no Concilio Vaticano II que "todos os fieis, de calquera estado ou condición, son chamados á plenitude da vida cristiá e á perfección da caridade, que é unha forma de santidade que promove, aínda na sociedade terrea, un nivel de vida máis humano. Pertence aos laicos buscar o reino de Deus, traballando nas cousas do mundo e dirixíndoas segundo a vontade de Deus". (Const. Dogm. Lumen Gentium, n. 40).
  3. "Opus Dei (Personal Prelature) [Catholic-Hierarchy]". 
  4. A partir de 1982, despois de conseguir o estatuto de prelatura persoal, o número de membros do Opus Dei debía ser comunicado ás autoridades eclesiásticas. O Anuario Pontificio recollía no ano 1986 as cifras seguintes: 1.217 sacerdotes, 56 novos sacerdotes e 352 seminaristas maiores; tres anos máis tarde, en 1989, aparecía a cifra de 74.401 laicos, que se se engaden aos sacerdotes e seminaristas citados anteriormente suman ao redor de 76.000 membros.
  5. John Allen é correspondente no Vaticano da revista estadounidense National Catholic Reporter. Quixo escribir un libro e plantexoullo a Juan Manuel Mora e a Marc Carroggio, voceiros en Roma para a prensa internacional. Tras consultar co prelado, comprometéronse a cooperar con el "sen ningunha restrición". Tras seis meses de traballo, Allen e o seu asesor en materia de contabilidade estimaron un patrimonio mínimo de 2.800 millóns de dólares, cifra referida ao valor de balance e non de mercado dos inmobles, que o Opus Dei considera "máis ou menos correcta". Véxase Artigo de Enric González en "El País" (6 de marzo de 2006)
    • El Opus Dei desde dentro - El País: http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Opus/Dei/dentro/elpepusocdmg/20060430elpdmgrep_9/Tes
    • Os estatutos de 1950 dicían que os membros non debían revelar aos estraños que eran socios da organización, sen permiso dos seus superiores. Esta obriga estendíase tamén aos ex-membros. Art. 191: "Polo cal os socios Numerarios [membros plenos] e os Supernumerarios [casados e outros] saiban ben que van gardar sempre un prudente silencio respecto aos nomes doutros membros, e que a ninguén lle van revelar nunca que eles mesmos pertencen ao Opus Dei, nin aínda sequera coa fin da difusión do devandito instituto, sen licenza expresa do propio director local. Esta discreción obriga principalmente a aqueles que foran recibidos recentemente no Instituto, así como tamén aos socios que, por calquera causa, abandonasen o Instituto."
    • Un dos casos máis salientables que presenta David Clark, é o de Tammy DiNicola, unha numeraria do Opus Dei que vivía no Centro de Estudos de Brimfield, Massachusetts, e cuxa familia solicitara axuda a Clark. David Clark, polo xeral afirma que o perfil dos membros que coñeceu é de "persoas sinceras, que se adaptan ben ao que o Opus Dei determina. Adoitan ser verdadeiros crentes e adoitan ser bastante submisos". Comenta que con frecuencia as familias destes membros apoian nun principio ao Opus Dei "porque saben que conta co respaldo da Igrexa católica". Porén, empezan ver que algo non vai ben, di Clark, cando descobren que os membros das súas familias non poden volver a casa por vacacións, cando teñen un tempo limitado para falar por teléfono, e os numerarios afirman que doaron parte do seu diñeiro ao Opus Dei.
    • O teólogo Tamayo-Acosta afirma que unha vez que Karol Wojtyla se converteu no Papa Xoán Paulo II, floreceu a sintonía xa existente entre ambos en canto á necesidade de levar a cabo unha "nova evanxelización" con principios ultraconservadores. Noutras palabras, sostén que o Vaticano encontrou no Opus Dei unha voz predominantemente laica —unha sorte de "cabalo de Troia en medio do mundo"— que se faría eco da súa oposición ao aborto, e ao uso de condóns, ao divorcio, á investigación con células nai e aos dereitos dos homosexuais.
    • Opus Dei: ¿obra de poder? - BBC Mundo: http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/newsid_4213000/4213870.stm
  6. Xoán Paulo II. "Apostolic Constitution Ut Sit, Establishing Opus Dei as the first Personal Prelature of the Catholic Church". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  7. "Place in the Church". Páxina web do Opus Dei. Consultado o 11 de agosto de 2013. 
  8. Asociación de Cooperadores y Amigos del Opus Dei
  9. 10,0 10,1 "Catholics scrutinize enigmatic Opus Dei". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 06-12-2012. Consultado o 27-11-2006.  mirrored on RickRoss.com and here

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial do Opus Dei

Outros artigos

Read other articles:

Райтшток, прокладений в цекотах Нижній райтшток, який проходить північним схилом Аршиці Райтшток на перевалі Боревка з боку с. Стара Гута Ра́йтшток — гірська стежка, створена з метою полювання чи туризму. Згідно Ю. Сітницького, це — мисливська стежка, прокладена уз...

 

قرية ستيبانتشيكوفو Село Степанчиково и его обитатели معلومات الكتاب المؤلف فيودور دوستويفسكي البلد  روسيا اللغة لغة روسية تاريخ النشر 1859 مكان النشر روسيا  النوع الأدبي رواية هجائية مؤلفات أخرى حلم العم مذلون مهانون تعديل مصدري - تعديل   قرية ستيبانتشيكوفو (بالروس...

 

Questa voce o sezione sull'argomento seconda guerra mondiale è ritenuta da controllare. Motivo: terminologia e pertinenza di alcuni passaggi da controllare Partecipa alla discussione e/o correggi la voce. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Territori nei quali ci furono violenze ai danni della popolazione civile durante la seconda guerra mondialeIn blu violenze da parte dei tedeschiIn rosa scuro violenze da parte degli Ustascia croatiIn verde chiaro violenze da parte degli...

Untuk pengertian lain, lihat Utica. Lokasi Utica di negara bagian New York bagian utara Utica (bahasa Tuscarora: Yunę́ˀnare•θ) adalah sebuah kota yang terletak di negara bagian New York, Amerika Serikat. Utica adalah county seat (ibu kota) untuk Oneida County. Populasi dari masa ke masa [1] Tahunsensus Populasi 1840 12.782 1850 17.565 1860 22.529 1870 28.804 1880 33.914 1890 44.007 1900 56.383 1910 74.419 1920 94.156 1930 101.740 1940 100.518 1950 100.489 1960 100.410* 1970 91.611* 1980...

 

Former government of Fujian Province, Republic of China This article is about the provincial government in the Republic of China. For the provincial government in the People's Republic of China, see Politics of Fujian. Fujian Provincial Government福建省政府Fújiàn Shěng Zhèngfǔ (Mandarin)Fuk-kien Sén Chṳn-fú (Hakka)Seal of Fujian ProvinceAgency overviewFormed21 May 1927Dissolved1 January 2019 (de facto)Superseding agencyKinmen-Matsu Joint Services CenterFujian Provincial People's...

 

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: SMA Negeri 3 Makassar – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR SMA Negeri 3 MakassarInformasiJurusan atau peminatanIPA dan IPSRentang kelasX IPA, X IPS, XI IPA, XI IPS, XII IPA, XII IPSKurikul...

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (نوفمبر 2019) الدوري الإسباني الدرجة الثانية 1969–70 تفاصيل الموسم دوري الدرجة الثانية الإسباني  البلد إسبانيا  ال...

 

1967 film by Jun Fukuda Son of GodzillaTheatrical release posterJapanese nameKanji怪獣島の決戦 ゴジラの息子TranscriptionsRevised Hepburnkaijuu shima no kessen gojira no musuko Directed byJun Fukuda Special effects bySadamasa Arikawa Screenplay by Shinichi Sekizawa Kazue Shiba[1] Produced byTomoyuki Tanaka[1]Starring Akira Kubo Tadao Takashima Bibari Maeda Akihiko Hirata CinematographyKazuo Yamada[1]Edited byRyohei Fujii[1]Music byMasaru Sato[1&#...

 

Video game franchise Video game seriesDiabloOriginal Diablo logoGenre(s)Action role-playing, Hack and slashDeveloper(s)Blizzard EntertainmentNetEase GamesPublisher(s)Blizzard EntertainmentSierra EntertainmentCreator(s)David Brevik[1]Platform(s)Microsoft Windows, Classic Mac OS, macOS, PlayStation, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360, Xbox One, Nintendo Switch, PlayStation 5, Xbox Series X/S, Android, iOSFirst releaseDiabloJanuary 3, 1997Latest releaseDiablo IVJune 5, 2023 Diablo is...

2013 American filmCheap ThrillsTheatrical release posterDirected byE. L. KatzWritten by Trent Haaga David Chirchirillo Produced by Gabriel Cowan Travis Stevens John Suits Starring Pat Healy Sara Paxton Ethan Embry David Koechner Cinematography Andrew Wheeler Sebastian Winterø Hansen Edited byBrody GusarMusic byMads HeldtbergProductioncompanies New Artists Alliance Snowfort Pictures Distributed byDrafthouse FilmsRelease dates March 8, 2013 (2013-03-08) (SXSW) March 21,...

 

1960 single by Jimmy JonesGood Timin'Single by Jimmy JonesB-sideMy Precious AngelReleasedApril 1960GenreR&BLength2:10LabelCub Records K9067Songwriter(s)Fred Tobias, Clint Ballard, Jr.[1]Producer(s)Otis Blackwell[1]Jimmy Jones singles chronology Handy Man (1959) Good Timin' (1960) That's When I Cried (1960) Good Timin' was a number-one single in the UK Singles Chart during 1960, written by Fred Tobias and Clint Ballard Jr., and performed by Jimmy Jones.[1 ...

 

Monthly women's magazine in Germany JOYJoy August 2011 coverCategoriesWomen's magazineFrequencyMonthlyPublisherMarquardFounded1995; 28 years ago (1995)CompanyBauer Media GroupCountryGermanyWebsitewww.joy.deISSN1422-9188 Joy is an international women's magazine, started in 1995[1] with German language edition. Magazine topics are lifestyle, trends, fashion, beauty, men. Covers usually feature famous actresses, singers and other female entertainers. In Germany Joy is p...

Gianluca Vialli Vialli in nazionale al campionato del mondo 1990 Nazionalità  Italia Altezza 180 cm Peso 77 kg Calcio Ruolo Allenatore (ex attaccante) Termine carriera 1999 - giocatore2002 - allenatore Carriera Giovanili 1973-1978 Pizzighettone1978-1981 Cremonese Squadre di club1 1981-1984 Cremonese105 (23)1984-1992 Sampdoria223 (85)[1]1992-1996 Juventus102 (38)1996-1999 Chelsea58 (21) Nazionale 1983-1986 Italia U-2121 (11)1985-1992 Italia59 (16) Ca...

 

Italian football referee Emidio Morganti Emidio MorgantiFull name Emidio MorgantiBorn (1966-07-23) 23 July 1966 (age 57)Ascoli Piceno, ItalyOther occupation Football refereeDomesticYears League Role1997–2000 Serie C Referee2000–2010 Serie A and B Referee2000–2011 Serie A Referee Emidio Morganti (born 23 July 1966, in Ascoli Piceno) is an Italian football referee.[1] He won the Serie A Referee of the Year award in 2010. References ^ Emidio Morganti » M...

 

2001 compilation album by Various artistsArticle 14Compilation album by Various artistsReleased2001Length76:57LabelIrregular RecordsProducer? Article 14 is a CD released by Irregular Records. It is a compilation of many different British artists. Money from the sale of this album goes to The Medical Foundation For The Care Of Victims Of Torture. Track listing The A39s Razor Wire Fence – 3:55 Alula Andeta Sacrifice – 4:06 Boka Halat Gumbay – 5:50 Chumbawamba Bella Ciao – 3:41 F...

19th century adobe barracks in California Sonoma BarracksSonoma Barracks in 2018LocationSpain Street & First Street East, Sonoma, CaliforniaCoordinates38°17′37″N 122°27′24″W / 38.2937°N 122.4566°W / 38.2937; -122.4566Built1836 California Historical LandmarkReference no.316[1] Location of Sonoma Barracks in California The Sonoma Barracks (Spanish: Cuartel de Sonoma) is a two-story, wide-balconied, adobe building facing the central plaza of t...

 

TarlacLalawigan BanderaSelyoMapa ning Kalibudtarang Luzon ampong Tarlac ilagePuuk: 15°30'N, 120°30'EBansaFilipinasLabuadKalibudtarang Luzon (Rehiyong III)TuknanganLalawiganMitatagMayu 28, 1873KapitolyoTarlacPamamahala • LiderSusan A. Yap-SulitSukad • Kabilugan3,053.60 km2 (1,179.00 sq mi)Populasyun (Sensu ning 1 Mayu 2020) • Kabilugan1,503,456 • Densidad490/km2 (1,300/sq mi) • Pamimalemale359,561IDD̴...

 

ロッテホールディングス > 銀座コージーコーナー この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: 銀座コージーコーナー – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ&#...

Town in Rhineland-Palatinate, GermanyKirchen Town Coat of armsLocation of Kirchen (Sieg) within Altenkirchen district Kirchen Show map of GermanyKirchen Show map of Rhineland-PalatinateCoordinates: 50°48′31″N 7°53′0″E / 50.80861°N 7.88333°E / 50.80861; 7.88333CountryGermanyStateRhineland-PalatinateDistrictAltenkirchen Municipal assoc.Kirchen (Sieg)Government • Mayor (2019–24) Andreas Hundhausen[1] (SPD)Area • Total39.59...

 

Эту статью предлагается удалить.Пояснение причин и соответствующее обсуждение вы можете найти на странице Википедия:К удалению/19 февраля 2021.Пока процесс обсуждения не завершён, статью можно попытаться улучшить, однако следует воздерживаться от переименований или немо...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!