O Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM) é unha organización non gobernamental creada en 1946 para coordina-la actividade de museos e os seus profesionais cara á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio cultural, material ou inmaterial, presente e futuro, en todo o mundo.
Ten a sede en París (Francia) e está formada por representantes de máis de 140 países. O Comité Español é o cuarto en número de membros afiliados e conta con representantes das 17 Comunidades Autónomas.
As actividades do ICOM céntranse nos seguintes temas:
- Cooperación e intercambio profesional
- Divulgación dos conceptos básicos sobre o mundo dos museos e a atención ó público
- Profesionalización do persoal
- Preservación do patrimonio e loita contra o tráfico ilícito dos bens culturais
Véxase tamén
Ligazóns externas