Coa morte nos talóns (en inglés: North by Northwest) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason.[3] O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock".[4] Coa morte nos talóns é unha historia de identidade equivocada, cun home inocente perseguido por todos os Estados Unidos por axentes dunha misteriosa organización que intentan evitar que bloquee o seu plan de sacar de contrabando un microfilme que contén segredos do goberno. Esta é un dos filmes de Hitchcock que inclúe unha partitura musical de Bernard Herrmann e unha secuencia de título inicial do deseñador gráfico Saul Bass, e foi a primeira en presentar un uso prolongado da tipografía cinética nos seus créditos de apertura.[5]
Coa morte nos talóns é considerado un dos filmes canónicos de Hitchcock da década de 1950 e a miúdo é considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos.[6][7][8] En 1995, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[9] Despois da súa primeira proxección, os críticos de The New Yorker e The New York Times aclamárono inmediatamente como unha obra mestra da comedia e unha sofisticada autoparodia.[10][11]
Estreouse en galego o 21 de xaneiro de 2007 a través da TVG.[12]
Sinopse
Roger O. Thornhill é un executivo publicitario de Nova York a quen uns espías confunden cun axente do goberno, George Kaplan, polo que queren asasinalo. Consegue escapar por pouco, mais ségueno de preto e o goberno non pode sacalo da situación porque teñen un dos seus axentes encubertos infiltrado entre eles que sería descuberto e asasinado por eses espías se fixesen algo. Nesta situación Thornhill coñece unha atractiva muller, Eve Kendall, que o axuda.
Personaxes
Notas
- ↑ "Chicago [Picture Grosses]". Variety. 1 de xullo de 1959. p. 10. Consultado o 20 de maio de 2019 – vía Internet Archive.
- ↑ 2,0 2,1 The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study.
- ↑ "North by Northwest". Turner Classic Movies. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ Jaynes, Barbara Grant; Trachtenberg, Robert (2004). "Cary Grant: A Class Apart". Burbank, California: Turner Classic Movies.
- ↑ "The Kinetic Typography Engine" (PDF).
- ↑ "AFI's 100 Years ... 100 Movies". www.afi.com.
- ↑ "100 Greatest Films". www.filmsite.org.
- ↑ "Top 100 Movies by Rank". www.films101.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Complete National Film Registry Listing | Film Registry | National Film Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-05-06.
- ↑ Weiler, A. H. (7 de agosto de 1959). "Hitchcock Takes Suspenseful Cook's Tour; ' North by Northwest' Opens at Music Hall". The New York Times.
- ↑ "Alfred Hitchcock's "North by Northwest," Reviewed". The New Yorker. 8 de agosto de 1959.
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007. Páx. 71
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas