Cilha Lourenço Módia, nada na Coruña en 1974, é unha ensaísta galega.
É licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, doutora pola Universidade da Coruña e profesora contratada doutora na Universidade da Coruña.[1][2]
En 2020 asumiu a secretaría da AELG.[3]
Con Xoán López Viñas e María Vilariño Suárez, é autora de libros de texto para a ESO en Lingua e Literatura Galega, Baía Edicións.
É filla do dramaturgo Manuel Lourenzo e mais de Montserrat Modia Olalla.