No lugar que hoxe ocupa a comuna de Cerbère atopáronse numerosos restos prehistóricos, e tamén é citada en documentos tanto da Idade Antiga como da Idade Media, pero será no século XIX cando a historia de Cerbère dará un tombo radical.
O 1864 asinouse un acordo entre España e Francia para facer pasar polo Col des Belitres o ferrocarril entre os dous estados e de construír as estacións fronteirizas de Portbou e de Cerbère, que foi inaugurada en 1878. O tránsito rapidamente logrou unha grande importancia e dado a diferenza de anchura das vías españolas e francesas foi necesaria a construción de grandes instalacións para facilitar o transbordo de mercancías.
Creceu considerablemente a poboación e en 1889 creouse a comuna de Cerbère que non parou de crecer ata moi pasada a metade do século XX cando a mecanización de moitas tarefas, a competencia doutros medios de transporte e máis adiante a supresión das barreiras aduaneiras supuxo unha certa redución dos postos de traballo.
Hotel Belvédère du Rayon Vert
O papel económico da estación de Cerbère continúa sendo bastante importante, a pesar de todo, como o testemuñan os 2,5 millóns de toneladas de mercancías (1998) ou os 15.000 trens anuais que transitan.
Hai que destacar tamén o incremento das actividades turísticas.
Lugares de interese
Igrexa parroquial de San Salvador de Cerbère, construída nos anos 1880.