A rexión tivo dende o 2014 ata mediados do 2016 o nome temporal de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos (en francés, Languedoc-Roussillon-Midi-Pyrénées), que foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das antigas rexións de Languedoc-Rosellón e de Mediodía-Pireneos.
O 24 de xuño de 2016, xusto na data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional da rexión adoptou o nome de Occitania (en francés, Occitanie) despois dunha longa consulta pública. O nome procede da rexión histórica e lingüística de Occitania, máis grande que a nova rexión.