Ce qu'il faut pour vivre é un filme canadense de 2008 dirixido por Benoît Pilon e protagonizado por Natar Ungalaaq, Éveline Gélinas e Paul-André Brasseur. Foi rodado en francés e inuktitut, e conta a historia dun home inuit que é enviado a Quebec para tratar a súa tuberculose.
O filme foi rodado en Iqaluit, Nunavut e na Cidade do Quebec. Recibiu valoracións positivas e gañou catro premios Genie, incluíndo mellor dirección para Pilon, e o Gran Premio Especial do Festival Internacional de Cinema de Montreal. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de xaneiro, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas