Mommy é un filme canadense de 2014 escrito e dirixido por Xavier Dolan e protagonizado por Anne Dorval, Antoine Olivier Pilon e Suzanne Clément. A historia céntrase nunha nai cun fillo adolescente violento que loita para controlar o seu comportamento nun futuro hipotético no que os pais teñen a opción legal de ingresar fillos problemáticos en hospitais públicos.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014, onde gañou o Premio do Xurado. Converteuse nun éxito de recadación e da crítica, conseguindo máis de 13 de millóns de dólares en todo o mundo. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
No Canadá, promúlgase unha lei a partir de 2014 (Lei 14 S), que permite que os pais de nenos e adolescentes con dificultades, doenza ou problemas de comportamento, poidan levalos a un hospital psiquiátrico.
Diane, unha viúva de corenta anos que vive nos suburbios de Montreal, faise cargo do seu fillo Steve, que estaba ingresado nunha institución polo seu comportamento. Steve é un adolescente que sofre un trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH11). A súa violenta e perigosa conduta lévao a graves consecuencias.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas