Os catións de amonio cuaternario, son ións poliatómicos cargados positivamente coa estruura NR+ 4, onde R é un grupo alquilo ou arilo.[1] A diferenza do ión amonio (NH+ 4) e os catións de amonio primarios, secundarios e terciarios, os catións de amonio cuaternario están cargados permanentemente, independentemente do pH da súa disolución. Os sales de amonio cuaternario ou compostos de amonio cuaternario (chamados aminas cuaternarias na terminoloxía da industria petrolífera) son sales de catións de amonio cuaternario.
Síntese
Os compostos de amonio cuaternario prepáranse por alquilación de aminas terciarias cun halocarburo.[2] Na literatura vella esta reacción adoitaba chamarse reacción de Menshutkin, pero os químicos modernos chámana simplemente cuaternización.[3] A reacción pode utilizarse para producir un composto con cadeas alquilo de lonxitudes desiguais; por exemplo cando se producen surfactantes catiónicos un dos grupos alquilo da amina é normalmente máis longo que os outros.[4] Unha síntese típica é polo cloruro de benzalkonio a partir dunha alquildimetilamina de cadea longa e cloruro de bencilo:
Os compostos de amonio cuaternario son deterxentes catiónicos, e desinfectantes, polo que poden utilizarse para eliminar material orgánico. Son moi efectivos en combinación con fenois. Son desactivados por deterxentes aniónicos (incluíndo os xabóns comúns). Os niveis efectivos son de 200 ppm. Son efectivos a temperaturas de ata 100 °C.
Os sales de amonio cuaternario son utilizados comunmente na industria do catering e como axentes hixienizantes.
Catalizadores de transferencia de fase
En química orgánica, os sales de amonio cuaternario son catalizadores de transferencia de fase (PTC). Ditos catalizadores aceleran as reaccións entre reactivos disoltos en solventes miscibles. O reactivo moi reactivo diclorocarbeno xérase por medio de catalizadores de transferencia de fase por reacción co cloroformo e hidróxido sódico acuoso.
Suavizantes téxtiles
Na década de 1950 introduciuse no mercado o cloruro de distearildimetilamonio (DHTDMAC) como suavizante de produtos téxtiles. Este composto deixou de fabricarse porque o catión se biodegradaba moi lentamente. Os suavizantes actuais están baseados en sales de catións de amonio cuaternario, nos que o ácido graxo é ligado ao centro cuaternario por medio dun enlace éster; estes denomínanse comunmente betaína-ésteres ou ésteres-cuaternario e son susceptibles á degradación, por exemplo, por hidrólise.[13] Caracteristicamente, os catións conteñen unha ou dúas cadeas alquilo longas derivadas de ácidos graxos ligadas a un sal de amonio etoxilatado.[14] Outros compostos catiónicos poden obterse a partir de imidazolio, catión guanidinio, sales de aminas substituídos, ou sales de amonio alcoxi cuaternario.[15]
Surfactantes catiónicos usados como suavizantes téxtiles
Outro diestercuaternario, un suavizante contemporáneo.
O cloruro de amonio dimetil éster usado como suavizante.
Outro diestercuaternario usado como suavizante.
Retardantes do crecemento das plantas
O Cycocel (cloruro de chlormequat) reduce a altura das plantas ao inhibir a produción de xiberelinas, as hormonas vexetais principais responsables da elongación celular. Por tanto, os seus efectos exérceos principalmente sobre os tecidos dos talos, pecíolos e pedúnculos florais. Efectos menores son a redución na expansión das follas, que ten como resultado follas máis grosas e dunha cor verde máis escura.[16]
A colina é tamén un constituínte da lecitina, que está presente en moitas plantas e órganos animais.[18] Encóntrase en fosfolípidos. Por exemplo, as fosfatidilcolinas, uns compoñentes principais das membranas biolóxicas, son membros do grupo das lecitinas de substancias graxas en tecidos de plantas e animais.[19]
Efectos sobre a saúde
Os compostos de amonio cuaternario poden ter unha ampla variedade de efectos sobre a saúde, entre os cales están desde irritacións suaves da pel e respiratorias [20] ata graves queimaduras cáusticas na pel e no revestimento gastrointestinal (dependendo da concentración), síntomas gastrointestinais (por exemplo, náuseas e vómitos), estado de coma, convulsións, hipotensión e morte.[21]
Posibles efectos na reproducion en animais de laboratorio
Os desinfectantes baseados en amonio cuaternario (Virex e Quatricide) foron inicialmente identificados como a causa máis probable de aumentos en defectos conxénitos e problemas de fertilidade en ratos de laboratorio en catividade.[24][25]
↑Maximilian Lackner, Josef Peter Guggenbichler "Antimicrobial Surfaces". Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2013. doi10.1002/14356007.q03_q01
↑Jia, Zhishen; Shen, Dongfeng; Xu, Weiliang (2001). "Synthesis and antibacterial activities of quaternary ammonium salt of chitosan". Carbohydrate Res.333 (1): 1–6. PMID11423105. doi:10.1016/S0008-6215(01)00112-4.
↑Abedon, Stephen T. "Specific Antimicrobials". Ohio State University. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o decembro de 2008.
↑Edmund F. Palermo, Dong-Kuk Lee, Ayyalusamy Ramamoorthy, and Kenichi Kuroda.
The Role of Cationic Group Structure in Membrane Binding and Disruption by Amphiphilic Copolymers. J Phys Chem B. 2011 Jan 20; 115(2): 366–375. Publicado on line 2010 Dec 21. doi 10.1021/jp1083357. PMCID: PMC3021096. PMID 21171655.
↑Hellberg, Per-Erik; Bergström, Karin; Holmberg, Krister (xaneiro de 2000). "Cleavable surfactants". J. Surfact. Deterg.3 (1): 81–91. doi:10.1007/s11743-000-0118-z.
↑Harper, N. J.; Dixon, T.; Dugué, P.; Edgar, D. M.; Fay, A.; Gooi, H. C.; Herriot, R.; Hopkins, P.; Hunter, J. M.; Mirakian, R.; Pumphrey, R. S.; Seneviratne, S. L.; Walls, A. F.; Williams, P.; Wildsmith, J. A.; Wood, P.; Nasser, A. S.; Powell, R. K.; Mirakhur, R.; Soar, J.; Working Party of the Association of Anaesthetists of Great Britain & Ireland (2009). "Suspected anaphylactic reactions associated with anaesthesia". Anaesthesia64 (2): 199–211. PMC3082210. PMID19143700. doi:10.1111/j.1365-2044.2008.05733.x.
↑Warshaw, E. M.; Ahmed, R. L.; Belsito, D. V.; Deleo, V. A.; Fowler, J. F., Jr.; Maibach, H. I.; Marks, J. G., Jr.; Toby Mathias, C. G.; Pratt, M. D.; Rietschel, R. L.; Sasseville, D; Storrs, F. J.; Taylor, J. S.; Zug, K. A.; North American Contact Dermatitis Group (2007). "Contact dermatitis of the hands: Cross-sectional analyses of North American Contact Dermatitis Group Data, 1994-2004". J. Am. Acad. Dermatol.57 (2): 301–314. PMID17553593. doi:10.1016/j.jaad.2007.04.016.
↑Hunt, P (xuño de 2008). "Lab disinfectant harms mouse fertility. Patricia Hunt interviewed by Brendan Maher". Nature453 (7198): 964. PMID18563110. doi:10.1038/453964a.