Presión osmótica

Esquema dunha membrana semipermeábel. As moléculas grandes do sangue non poden atravesar a membrana, mentres que as pequenas de solvente si.

A presión osmótica pode definirse como a presión que se debe aplicar a unha solución para deter o fluxo neto de disolvente a través dunha membrana semipermeábel. A presión osmótica é unha das catro propiedades coligativas das solucións (dependen do número de partículas en disolución, sen importar a súa natureza). Trátase dunha das características principais a ter en conta nas relacións dos líquidos que constitúen o medio interno dos seres vivos, xa que a membrana plasmática regula a entrada e saída de soluto ao medio extracelular que a rodea, exercendo de barreira de control.

Cando dúas solucións se poñen en contacto a través dunha membrana semipermeábel (membrana que deixa pasar as moléculas de disolvente pero non as dos solutos), as moléculas de disolvente difúndense, pasando habitualmente dende a solución con menor concentración de solutos á de maior concentración. Este fenómeno recibe o nome de osmose, verba que deriva do grego osmos, que significa "impulso". Ao suceder a osmose, créase unha diferenza de presión en ambos os lados da membrana semipermeábel: a presión osmótica.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!